Copyright 2018 - Fisober FSF

O Infantil campión do Intercomarcal

Como contábamos na previa as categorías inferiores tiñan un fin de semana cheo de partidos no que o equipo infantil se levaba a palma. A pesares de que houbo pleno de triunfos un gol privou de que a ledicia fora total. Todos eles disputados nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Comezaba o fin de semana ca disputa do Intercomarcal Infantil no que o Fisober se levou o primeiro posto despois de vencer por 6 a 0 ao Camariñas e por 8 a 0 ao Villa de Cee. Finalmente a clasificación do Intercomarcal quedou co Fisober coma campión, o Villa de Cee subcampión e o Camariñas coma terceiro clasificado. Co cal as infantiles do Fisober gañaron o título e tamén a súa praza para disputar o campionato provincial en vindeiras datas.

O equipo estaba formado, foto adxunta de esquerda a dereita : arriba : Naira, Kenny, Lucía, Sharay, Andrea, Alexia ( lesionada ). Abaixo esquerda a dereita : Laura, Ruth, Saray, Larita, Uxía ( lesionada ).

O domingo de mañá o equipo infantil tiña outro compromiso difícil que era fronte ao Talleres ABC Vigo na Copa Galega Infantil. Gañaban o seu partido ao actual subcampión galego da categoría por un a cero con gol de Lucía pero un triple empate , co Poio e o Meigas , deixabas fora da Final Four da Copa Infantil Galega por tan solo un gol. Aínda así boa participación na Copa das pupilas de Ana Mouzo e Dani Costa na que se quedaron a un gol do pase.

O domingo tamén había compromiso para o equipo filial, que se enfrontaba ao Troula de Betanzos en partido de Copa da Primeira Galicia. Con vitoria por catro a cero para as costeiras. Con goles de Nuriña en dúas ocasións, Ainho e Carre.

O Fisober cae ante o Fisgón, aspirante ao ascendo a Primeira

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – OPIRATA O FISGON FUTSAL : 1-4.

FISOBER : Lía, Taibo, Ana, Carla, Bárbara; tamén xogaron : Nuriña, Laura, Noe, Ainho, Paula Fandiño, Andrea M.

FISGON: Marina, Kiko, Charo, Kun, Karen ; tamén xogaron : Cris, Lolo, Elena, Alba.

ÁRBITROS : José Ángel Vilas, Valentín Presedo. CRONO : Inmaculada Silva.

GOLES : 0-1 min. 6 Lolo, 1-1 min 12 Noe, ( descanso ), 1-2 min 29 Elena, 1-3 min. 29 Charo, 1-4 min. 38 Kun.

Partido correspondente ao grupo 2 da Copa Galicia disputado na tarde do domingo nas Instalacións Deportivas de O Conco e que se iniciou con máis dunha hora de retraso debido a tardanza arbitral.

Con este partido púxose fin a participación do Fisober nesta Copa Galicia despois de xogar fronte o Fisgon Futsal co que compartirá grupo e que aspira a ser un dos equipos que loite polo ascenso.

A pesar do resultado moi bo partido e moi boa imaxe das costeiras no estreo ante os seus siareiros.

O partido arrancou con moito ritmo por parte dos dous equipos, non parecía un partido de pretempada. Dominio visitante pero tamén con empuxe local.

O primeiro tanto do partido chegaba aos 6 minutos despois dun saque de banda con gol de Lolo.

Ler máis: O Fisober cae ante o Fisgón, aspirante ao ascendo a Primeira

O Fisober cae ante o Cidade das Burgas en Copa Galicia

RESULTADO : CIDADE DAS BURGAS – FISOBER F.S.F. : 4-0.

BURGAS : Ana Lastra, María Arias, Nerea García, Sonia, Figo ; tamén xogaron : Iria, Amelia, Clara, Nahir, Xiana, Merche, Canolich.

FISOBER : Lía, Ana, Noe, Laura, Mai ; tamén xogaron : Ainho, Taibo, Nuriña, Carla, Paula Fandiño, Andrea M.

GOLES : 1-0 Min. 2 María Arias, ( descanso ), 2-0 min. 22 María Arias, 3-0 min. 24 Clara, 4-0 min 31 Sonia.

Partido correspondente a Copa Galicia, no seu grupo 2, disputado na noite do martes 29 de agosto na Pista Central do Pavillón dos Remedios.

O Fisober arrancaba a tempada nun partido semioficial da pretempada, e facíao ante un conxunto da máxima categoría do fútbol sala feminino español. Mostrou boa imaxe ante un equipo máis rodado, que viña de disputar os seus primeiros partidos de pretempada.

Non podía iniciar peor o partido o Fisober xa que despois de un minuto e medio María Arias adiantaba as locais.

Aos seis minutos chegaba unha dobre intervención da porteira visitante Lía. E os once outra boa ocasión local.

No minuto catorce Paula Fandiño e Noe tiveron unha gran dobre ocasión para igualar o partido.

E a mesma Noe de novo puido igualar finalizando a primeira metade.

Co 1 a 0 chegouse o tempo de lecer.

O igual que na primeira metade despois de minuto e medio de novo María Arias facía o 2 a 0.

Aos 3 minutos Andrea M. que defendía a portería do Fisober nesta segunda metade facía unha boa intervención ante Sonia.

Pouco despois Clara facía o terceiro gol local. Poñendo terra de por medio. Aos dez minutos Ainho e Noe tiveron unha ocasión para reducir o marcador.

No minuto 31 a veterana Sonia Pacios facía o 4 a 0 definitivo.

Antes do fin de novo Noe puido reducir distancias.

En definitiva partido típico de pretempada ante un rival de superior categoría que serviu como primeira pedra de toque para un Fisober no que debutaron, Ainho, Carla, Taibo e Andrea M. . O próximo domingo dia 3 as 18 horas no Conco de Dumbría, segunda cita da Copa Galicia ante o Pirata Morrazo.

Fin de pretemporada con torneo en Moaña

O pasado sábado día 17 de setembro púxose fin a pretempada do Fisober cun triangular disputado en Moaña, que servía de presentación ante o seu público para o equipo local O Pirata F.S. Morrazo, no que tamén estaban convidados o Cidade de Pontevedra e o Fisober F.S.F. , todos eles equipos da Segunda División Nacional. O formato era de partidos a vinte minutos co tempo parado.

Un torneo que serviu as costeiras para ultimar a preparación para o campionato de liga que comezarán a vindeira semana coa visita a terras rioxanas onde visitarán ao Calceatense o vindeiro sábado.

No primeiro partido enfrontábanse O Pirata que formou con: Carlota, Vane, Paula Blanco, Kiko, Elena ; participando tamén : Loreta, Paula , Pipi.

Polo Fisober: Leti, Ana, Bárbara, Inés, Paula Fandiño; participando tamén: Mai, Myre, Noe, Nuriña, Lía.

Os colexiados foron: Francisco Javier Roldán e Juan José González.

O resultado foi de 3 a 0 a prol das locais. Os goles foron obra de Loreta no minuto 2, de Elena no minuto 15 e no minuto 16 Vane pechaba o marcador, nun partido dominado polas locais no que o Fisober puxo perigo nos últimos minutos.

No segundo dos partidos enfrontouse o Cidade de Pontevedra e o Fisober. Polo Cidade formaron : Anouk, Carmen, Tamara, Gema, Leticia; participando tamén : Natalia, Irene, Mónica, Castro.

Polo Fisober : Lía, Ana, Mai, Paula Fandiño, Noe; participando tamén : Myre, Bárbara, Inés, Nuriña, Leti.

Os colexiados foron : Rubén Ferreiro e Francisco J. Roldán.

O resultado foi de 1 a 0 a prol do Cidade. O gol foi obra de Tamara no minuto 3, nun partido moi igualado que puido caer de calquera lado.

No partido que pechaba o torneo O Pirata gañaba por 3 a 2 ao Cidade.

Agradecer dende o Fisober F.S.F. coma sempre o excelente trato recibido por parte do club local O Pirata F.S. Morrazo, e en especial pola súa presidenta, sempre é un pracer visitar as terras de Moaña.

Tamén aproveitamos esta nova para informar de que temos unha nova interface web que solucionará problemas antiguos coas previsualizacións desde smartphones e mellorará a velocidade xeral da páxina web.

Estrenando equipación

FISOBER : Leti, Ana, Paula Fandiño, Inés e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Bárbara, Myrella, Nuriña e Lía.

MOAÑA: Carlota, Loreta, Kiko, Elena e Pipi ; tamén xogaron : Karen, Lucía, Vanessa, Paula, Paula Briso, Ana e Irene.

ÁRBITROS : Raquel Manteiga e Manuel Dans ; CRONO : Laura Vila.

GOLES : 0-1 Elena ( min. 3 ) ; 1-1 Bárbara ( min. 13) , 1-2 Karen ( min. 16) , ( descanso ), 1-3 Paula ( min. 33 ), 1-4 Karen ( min. 37 ), 1-5 Kiko ( min. 37).

Partido amigable disputado na tarde do domingo nas instalacións de O Conco en Dumbría baixo unha intensa calor , entre o Fisober F.S.F. e O Pirata F.S. Morrazo Moaña, na que o cadro costeiro se estreou nas que serán as súas instalacións como locais para esta tempada, ademais de estrear nova equipación.

Difícil rival para a estrea xa que chegaba a Dumbría o actual campión Autonómico e que tamén disputará a Segunda División Nacional nesta tempada, aínda que o fará no grupo IV namentras que o Fisober xogará no grupo I.

Ler máis: Estrenando equipación

f t g