Copyright 2019 - Fisober FSF

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón de Semana Santa

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón de Semana Santa.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo do Fisober inicia o seu particular Tourmalet. Xoga o vindeiro sábado día 20 a partires das 16 horas fronte ao Leis Pontevedra no P. Principe Felipe en partido correspondente a 26 ª xornada de liga e con Alejandro Ares Troitiño coma colexiado asignado.

O Fisober que segue con moitas baixas e xogadoras entre algodóns visita ao segundo clasificado. Na primeira volta o resultado fora de un a tres a prol das do Lérez. Con gol de Paula Fandiño para as costeiras e Lara en dúas ocasións e Patri para as da cidade do Lérez.

Na Copa de Primeira Galicia- Copa Provincial o filial xoga o seu partido o vindeiro mércores día 1 a partires das 18:15 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao Troula de Betanzos con Daniel Blanco coma colexiado asignado. O partido é a sexta xornada na liguiña de Copa, primeiro da segunda volta no seu grupo B.

Será a terceira vez que se enfronten ambos equipos esta tempada caendo sempre o triunfo nas botas das betanceiras con claridade.

Tamén na Copa pero na Copa Galega Infantil o infantil feminino do Fisober visita A Coruña o vindeiro sábado a partires das 16 horas para enfrontarse ao Viaxes Amarelle no P. Sagrada Familia.

En partido correspondente a cuarta xornada da liguiña de Copa no seu grupo A, primeiro da segunda volta e que terá a Miguel Puerta coma colexiado asignado. Será o cuarto enfrontamento entre ambos equipos esta tempada, nos que sempre gañou o conxunto que exerceu coma local os seus partidos.

Resultados Copa Galega Promesas Alevín Feminina

Durante toda a xornada do domingo disputouse nas I.D. de O Conco en Dumbría disputouse a Copa Galega Promesas Alevín Feminina. Unha experiencia única para as rapazas costeiras participar nesta novidosa competición e ademais coma locais.

O Fisober quedou encadrado no grupo B xunto co Viaxes Amarelle o Adarve. O Fisober dispuxo na súa formación de : Yaiza coma porteira, Sabela, Claudia, Lucía, Marta, Carolina, Lara, Noa, Zoe, Sara.

Na matinal domingo o conxunto costeiro enfrontouse fronte ao Viaxes Amarelle. O resultado foi de dous a once a prol do conxunto viaxeiro. Os goles do Fisober foron obra de Marta e Lara. O Amarelle que finalmente foi o campión.

Pola tarde o rival foi o Adarve lucense, gañando o conxunto lucense por cinco a dous. Os goles do Fisober foron obra de Yaiza e de Lucía.

No outro grupo no que estaban encadrados Morrazo, Poio e A Fervenza, chegaría a final o Morrazo.

Na gran final Viaxes Amarelle impoñíase ao Morrazo acadando o título de Copa ao igual que fixera ca liga.

Gran xornada de convivencia para as máis cativas do club.

O alevin mixto finalista no Torneo Intercomarcal

O alevín mixto do Fisober disputaba este sábado o Torneo Intercomarcal o que chegaban os campións das competicións locais escolares. A competición disputouse para o Fisober no P. M. de Padrón. As nenas e nenos do Fisober así coma os seus adestradores disfrutaron enormemente da experiencia.

O Fisober disputaba a súa semifinal na mañán do sábado fronte ao E.D.M. de Negreira. Na convocatoria puideron entrar todos os compoñentes do plantel. Miguel coma porteiro e coma xogadoras e xogadores de pista, Iago, Lara, Pablo, Zoe, Anxo, Noa, Marta, Javi e Sabela.

O Fisober gañaba a súa semifinal co resultado polo resultado de catro a dous ao seu favor. Os goleadores foron : Javi en dúas ocasións, Zoe e Pablo.

Na outra semifinal o gañador foron as E.D.M. de Pontecesures que se desfixeron do Outes C.F. na tanda de penaltis , polo tanto serían o rival do Fisober.

No terceiro e carto posto Outes gañaba pola mínima ao Negreira.

Pola tarde disputouse a gran final na que se impuxeron as E.D. M. de Pontecesures por cinco a dous, os dous goles do Fisober foron obra de Pablo.

Copa Primeira Galicia: Fisober B 1 - 6 Cruces FSF

Partido disputado na tarde – noite do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 5 ª xornada da Copa Primeira Galicia – Copa Provincial.

FISOBER B : Naira, Lucía Martínez, María Maroñas, Kenny, Lucía Canosa ; tamén xogaron : Lucía Rodríguez, Sharay, Andrea, Uxía, Nerea, Saray.

CRUCES : Lourdes, Cruz, Clara, Tania, Silvia ; tamén xogaron : Alba, Erica, Begoña.

ÁRBITRO : Marcos Noya , CRONO : Vanesa Varela.

GOLES : 0-1 min 4 Tania, 0-2 min 14 Tania, 0-3 min 23 Clara , ( descanso ), 0-4 min 26 Begoña, 1-4 min 35 Lucía Martínez, 1-5 min 45 Begoña, 1-6 min 49 Silvia.

Saiu o Cruces esperando en media pista e saíndo a contra. Nun saque de esquina teñen a primeira ocasión as visitantes pero Naira aparece para salvala. E o pouco do comezo cun tiro exterior adiantábanse as visitantes.

O filial costeiro tiña a posesión e creaba unha boa ocasión cun envío longo de Uxía para Nerea a que envía para Saray pero a porteira visitante evitaba a igualada.

Había poucas ocasións para as locais pero eran claras.

O segundo gol do Cruces chegaba mediada a primeira metade cun roubo das visitantes que finalizaban un dous para un.

O partido continuaba co mesmo guión e a pouco de rematar a primeira metade chegaba o terceiro visitante. Para colmo na seguinte xogada lesionábase a porteira Naira, tendo que ocupar o seu lugar Sharay.

E no inicio da segunda metade un novo gol visitante para pechar case o partido.

Recortaban distancias as locais cun gol da infantil Lucía Martínez. Puido marcar o segundo o filial cunha falta lanzada por Nerea no borde do área.

Nunha contra visitante salva Sharay o gol. E o Fisober B creaba máis perigo nesta segunda metade cun tiro de Uxía bicando o pau.

Coas locais volcadas as visitantes aproveitaban a contra, con dous goles máis para pechar o partido.

O Fisober B voltará a competición o 28 de abril ca visita do Troula Betanzos.

Protagonismo para as categorías inferiores

Fin de semana no que o protagonismo vai ser para as categorías inferiores do Fisober xa que logo o primeiro equipo non volta a competición ata fin de mes, especialmente para os equipos alevíns , o mixto e o feminino.

O equipo filial o Fisober B despois de tocarlle descansar a semana pasada xoga este sábado día 13 a partires das 19:30 nas I.D. de O Conco en Dumbría o seu partido correspondente a 5ª xornada e úlitma da primeira volta no seu grupo B da Copa de Primeira Galicia, o rival será o Cruces F.S.F. .

Será a terceira vez na que se vexan ambos equipos nesta tempada. Nas dúas anteriores venceu o Cruces, por cero a seis en Dumbría e por tres a dous no partido disputado en Cruces.

O sábado día 13 viaxará a Padrón o equipo alevín mixto para disputar o Intercomarcal da categoría alevín maculina/mixta . Despois de dar a sorpresa na competición de LCFSB Costa da Morte e levarse o título nunha competición maioritariamente masculina, pois este equipo desfrutará a experiencia de xogar contra os mellores equipos da comarca.

O Fisober disputará a súa semifinal o sábado a partires das 12:00 horas fronte as E.D.M. de Negreira no P.M. de Padrón. A outra semifinal disputarana unha hora antes C.F. Outes e as E.D.M. de Pontecesures.

O terceiro e cuarto posto será a partires das 15:30 e a final a partires das 16:30 horas nese mesmo pavillón.

Para o domingo queda a participación do alevín feminino, no que repetirán algunhas das participantes do sábado. Durante toda a xornada do domingo día 14 disputarase nas I.D. de O Conco en Dumbría a Copa Galega Promesas Alevín Feminina.

O Fisober quedou encadrado no grupo B xunto co Viaxes Amarelle e co Adarve lucense. No grupo A estarán o Futsal Morrazo, o Poio Pescamar eo Charcutería Orvi Fervenza.

O Fisober iniciará a súa participación o domingo a partires das 11:00 horas fronte ao Viaxes Amarelle. O Amarelle proclamouse campión de liga na concentración celebrada en Narón en decembro, onde gañou ao Fisober por once a un.

O Fisober xogará o seu segundo partido a partires das 17.45 horas do domingo fronte ao Adarve lucense. Tamén se enfrontaran ambos equipos en decembro en Narón co triunfo lucense por oito a un.

O campión de cada grupo enfrontarase na gran final a disputar o domingo a partires das 20:45 horas.

f t g