Copyright 2019 - Fisober FSF

A Fervenza 1 - 3 Fisober FSF

FERVENZA : Inés, Ainara, Julia, Keira, Paula ; tamén xogaron : Iria, Alexandra, Irene, Sofía, Irene Pol, Ferreiro.

FISOBER : Alexia, Nerea, Lucía Rodríguez, Saray, Lucía Canosa ; tamén xogaron : Laura, Lucía Martínez, Alejandra, Uxía, Sharay.

GOLES : 0-1 min 2 Nerea, ( descanso ), 0-2 min 33 Sharay, 1-2 min 37 Irene Pol, 1-3 min 39 Lucía Canosa.

Partido correspondente a segunda xornada da Copa Galega Infantil no seu grupo A , disputado no P. Campo da Serra de Narón.

O equipo infantil costeiro acadou a súa segunda vitoria na competición e deixou a tiro de pedra a clasificación para semifinais da competición, nun partido moi entretido, igualado e disputado.

Non podían iniciar mellor as cousas para as costeiras xa que aos dous minutos un gol de Nerea poñía en vantaxe as visitantes.

Nun partido moi igualado as infatiles do Fisober ao igual cas locais tiñan as súas ocasións. O Fisober incluso enviou un lanzamento ao longueiro pero o electrónico xa non se moveu máis na primeira metade.

A segunda metade apertaron moito as locais e incluso Julia enviaba un balón ao pau. Pero mediada esta segunda metade Sharay que fixo o papel de porteira xogadora e combinou ambos postos facía o segundo gol costeiro.

As locais non se rendiron e reduciron diferencias por mediación de Irene Pol. Aínda que antes do fin Lucía Canosa facía o terceiro para as visitantes dándolle o triunfo as costeiras.

O infantil volta a competición a finais de mes visitando a pista do Viaxes Amarelle.

Estes días tamén son os últimos para anotarse no Campus de Semana Santa do Fisober.

Importantes citas esta fin de semana para o Fisober

Fin de semana con poucos partidos pero con importantes citas xa que os equipos que xogan o primeiro e o infantil teñen citas importantes para iniciar abril.

O sábado día 6 de abril a partir das 16:00 horas o Fisober recibe ao Galipizza Sport Sala Culleredo en partido das 25 ª xornada na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica. O árbitro asignado é Ignacio Rivas.

Tódolos partidos comezan a ser chave para o primeiro equipo do Fisober e o desta fin de semana será o primeiro desta difícil xeira co que finaliza a tempada. O Fisober está a sufrir unha praga de lesións e as baixas xa coñecidas de Barca, Nuriña e Noe a semana pasada uniuse a capitana Ana que non puido xogar a segunda metade no último partido e que será dúbida para esta fin de semana.

Na primeira volta o partido decantouse a prol das costeiras cun solitario gol da capitana Ana , nun partido moi igualado.

Coma o equipo filial lle toca descansar o outro equipo que terá partido será o infantil feminino con partido de Copa Galega feminina.

Na segunda xornada de Copa neste grupo A o infantil do Fisober visita Narón para enfrontarse ao Error Ferrol A Fervenza. O partido dispútase no P. Campo da Serra a partires das 17:45 horas deste sábado día 6 de abril.

No partido de liga disputado en Narón o resultado foi de un a dous a prol das costeiras.

Pontedeume 1 - 4 Fisober B

RESULTADO : T.C.A. INSTALACIONES F.S. PONTEDEUME – FISOBER B: 1-4.

PONTEDEUME : Marta, María, Laura, Estela, Marta Balado , tamén xogaron : Yaiza, Sonia, María Rodríguez, Lara.

FISOBER B : Sharay, María Maroñas, Lucía Canosa, Saray, Nerea ; tamén xogaron : Lucía Martínez, Uxía, Andrea, Lucía Rodríguez.

ÁRBITRO : Alejandra Bujía, CRONO : Begoña López.

GOLES : 0-1 min 23 Saray , ( descanso ) , 0-2 min 26 Lucía Canosa, 0-3 min 35 Lucía Rodríguez, 0-4 min 36 Nerea, 1-4 min 40 Yaiza.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. A Casqueira de Pontedeume correspondente a terceira xornada no seu grupo B da competición de Copa Primeira Galicia- Copa Provincial.

O filial costeiro fixo un moi bo partido de Copa con moita xuventude nas súas filas e con Sharay baixo paus e levouse un merecido triunfo de Pontedeume.

Comezou moi enchufado o filial do Fisober e xa no primeiro minuto Lucía Canosa tiña unha boa ocasión pero unha moi inspirada Marta paraba o man a man.

A resposta era cun tiro lonxano que desvíaba Sharay. O filial costeiro foi acumulando ocasións de bo xogo pero sen o premio desexado grazas a gran actuación de Marta na porta local.

Nerea despois dun rexeite a tiro de Lucía Canosa, a propia Lucía Canosa e Saray dispuñan de moi boas ocasións.

A contra aparecían as locais tendo a mellor ocasión das de Ferrolterra Laura. A resposta era novamente de Lucía Canosa pero o gol costeiro non quería chegar.

Ata que a pouco menos de dous minutos para o fin da primeira metade as costeiras aproveitaban un libre indirecto para adiantarse con gol de Saray na xogada ensaiada.

Antes do tempo de lecer aínda houbo tempo para unha boa ocasión de Nerea e para a mellor ocasión local desfeita por Sharay.

O inicio do segundo tempo foi aínda mellor por parte do filial. Xa no primeiro minuto Lucía Canosa anotaba un penalti para poñer dous goles de vantaxe.

Despois chegaron ata tres moi boas ocasións para Lucía Martínez despois de grandes combinacións das visitantes e outra gran oportunidade para unha Lucía Canosa moi incisiva todo o partido.

Ata que se rompeu definitivamente o partido mediada esta segunda metade. Primeiro co gol de Lucía Rodríguez que por fin anotaba o seu primeiro gol e despois co cuarto despois dunha gran xogada de Uxía e col gol remachado por Nerea na liña para o cero a catro.

Dende aquí o partido volveuse xa un pouco tolo. As locais gozaron dun lanzamento o longueiro e despois fixeron o seu gol obra de Yaiza.

O filial costeiro tivo un lanzamento ao pau de Nerea e outra boa ocasión da mesma Nerea antes do fin.

A vindeira semana tócalle descansar ao filial que volta a competición en dúas semanas recibindo ao Cruces e Dumbría.

Fin de semana importante para os equipos do Fisober

Fin de semana importante para os equipos do Fisober cheo de viaxes e partidos a domicilio.

Na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo viaxa a Ourense dentro da 24 ª xornada de liga. Enfrontarase ao Couto Ourense F.S. a partires das 16:30 horas do sábado día no P.M. de Os Remedios.

Pasa por ser un partido moi importante para o devir do primeiro equipo, que na primeira volta gañara por un a cero con gol de Paula Fandiño nun encontro moi igualado. Está designado Luis Mendez coma colexiado.

Na Copa da Primeira Galicia – Liga Provincial o filial visita a pista do TCA Intalaciones Pontedeume para enfrontarse no P.M. de A Casqueira ao conxunto local a partires das 16:30 horas do sábado día 30.

Nos dous enfrontamentos de liga produciuse idéntico resultado de igualada a catro co cal todo indica que o partido podería ser igualado. Será a terceira xornada neste grupo B de Copa. Está designada Alejandra Bujía como colexiada.

Pola súa banda o alevín mixto da LCFSB Costa da Morte terá dous partidos este fin de semana para pechar a competición.

O venres día 29 visita as EFB de Corcubión no Municipal de Corcubión a partires das 20:30 horas. O conxunto local é un dos perseguidores do Fisober a tan solo tres puntos deles. Na primeira volta o resultado fora de oito a catro para o Fisober con catro goles de Pablo e dous de Iago e Marta.

Tamén terán partido o luns día un de abril a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría enfrontándose ao Colexio Manuela Rial para pechar a competición. Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol do Fisober con dous goles de Marta, un de Pablo e Javi.

f t g