Copyright 2019 - Fisober FSF

Fin de semana sen o primeiro equipo

Fin de semana na que non xoga o primeiro equipo pero si o fan o filial, infantil e alevín.

Na Primeira Galicia-Liga Provincial o filial recibe a visita do Ulla Oil Vedra F.S.F. nas I.D. de O Conco en Dumbría o sábado día 9 a partires das 16 horas, dentro da 15 ª xornada de liga e con Daniel Blanco coma colexiado asignado.

No enfrontamento da primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol das costeiras nun partido igualado que se dilucidou nos últimos minutos. Saray, Kenny, Paula Fandiño e Sharay marcaron para as costeiras e Vero por partida dobre para as de Vedra.

Na Liga Galega Infantil o infantil feminino recibe ao Viaxes Amarelle o vindeiro domingo a partires das 12:45 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 15 ª xornada de liga con Marcos Pérez coma colexiado designado.

Na primeira volta o resultado fora de oito a tres a prol das viaxeiras . Polas costeiras marcaran Alejandra, Saray e Uxía. Polas viaxeiras foran Carla e Sabela dous, Claudia, Lucía Yu e dous goles en propia porta.

Pola súa banda na LCFSB Costa da Morte o alevín xoga o venres día 8 a partires das 19 horas no P.M. de Muxía fronte ao E.M.F. Vimianzo. Na primeira volta o resultado fora de un a dous a prol do Fisober, con goles de Javi e Pablo.

O alevín xa xogou o luns o seu partido fronte as E.M. Fisterra gañando en Fisterra por cero a catro con tres goles de Pablo e un de Iago.

O Fisober prepara unha fin de semana a partido por día

Fin de semana que chega a partido por día para os equipos do Fisober, de venres a luns teremos un partido dun equipo do Fisober.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo arranca este venres día 1 a partires das 21:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 18 ª xornada da competición enfróntanse o conxunto local e o Cidade de Pontevedra con Francisco Pena Torreira como colexiado designado.

Ambos conxuntos son uns vellos coñecidos xa que levan coincidindo na mesma liga as últimas catro tempadas, tanto en Autonómica coma en Segunda Nacional a onde ascenderon e descenderon xuntos cada ano.

O Cidade é unha pequena besta negra para as costeiras. Xa que o Fisober tan solo foi quen de gañar unha vez e empatar outras , o resto foron triunfos das da cidade do Lérez. Na primeira volta o resultado foi de catro a dous para o Cidade , con goles pontevedreses obra de : Nair en dúas ocasións, Heba e Allyson, mentres que para o Fisober marcou Ana en dúas ocasións.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial o filial ten derbi costeiro fronte ao Atletes en Esteiro. En partido correspondente a 14ª de liga que se disputará o vindeiro sábado día 2 a partires das 19 horas no P.M. de Esteiro con Ignacio Rivas Pereira como colexiado designado.

Na primeira volta o resultado foi de igualada a un tantos con goles de Lucía Canosa para o filial do Fisober e Laura Sanvicente para o Atletes.

O equipo infantil mixto terá a Fase Final da LCFSB Costa da Morte o vindeiro domingo día 3 nas I.D. de O Conco en Dumbría. En formato de Final a Catro.

Na primeira semifinal a partires das 17:00 horas enfrontaranse As Baleas e o Colexio Manuela Rial. Na segunda semifinal a partires das 18:00 horas será o turno para o Fisober e o Villa de Cee. Os gañadores de cada semifinal enfrontaranse na final a partires das 19:00 dese mesmo domingo.

E para o luns e para finalizar este longo fin de semana queda o equipo alevín mixto. Que se enfronta ao Concello de Fisterra dentro da LCFSB Costa da Morte en categoría alevín. Será o luns a partires das 19 horas para dar comezo a segunda volta.

Na primeira volta o resultado fora de cinco a tres para o Fisober con tres goles de Pablo e dous de Iago.

O alevín finalizou o luns a primeira volta gañando por dous a catro ao Manuela Rial con dous goles de Marta e un de Pablo e Javi. Remataron coma colíderes xunto coas Baleas e perseguidos precisamente polo Fisterra en terceira posición.

Baixa o ritmo de equipos xogando esta fin de semana

Despois da tolemia de partidos dos equipos do Fisober este fin de semana baixa un pouco o ritmo de equipos, pero aínda así tres conxuntos estarán en competición. 

Na Prefrente Galicia – Liga Autonómica e dentro da 17ª xornada da competición  o primeiro equipo do Fisober visita ao filial do Viaxes Amarelle o domingo día 27 a partires das 11:30 horas no P. da Sagrada Familia coruñés. 

Na primeira volta o triunfo caeu para o conxunto herculino dirixido pola costeira María Bardanca por cero a dous con goles de María e Mónica. 

Podería darse tamén a curiosidade de que as costeiras se enfrontaran a unha ex como Inés que na última semana coma local xogou tamén co equipo filial herculino anotando o gol que lles deu un punto. Outra costeira coma Carla tamén aparece habitualmente nas convocatorias do filial viaxeiro. 

Na Primeira Galicia- Liga Provincial e dentro da 13ª xornada da competición o filial do Fisober recibe nas I.D. de O Conco en Dumbría o sábado día 26 a partires das 17 horas ao Troula de Betanzos. 

Na primeira volta as costeiras caeron por un sete a tres aínda que fixeran un gran partido cun conxunto cheo de infantiles. Os goles foran obra para o Troula de : Andrea en dúas ocasións, Mayra, Olalla, Noelia, Ana e Silvia e para as costeiras : Uxía, Lucía Canosa e Saray. Está designada Beatriz Pazos Ferreiro para dirixir o partido. 

Para o luns quedara o partido do alevín mixto da LCFSB Costa da Morte que visitará a pista do Manuela Rial a partires das 19 horas, en partido correspondente a novena xornada e última da primeira volta. 

Categorías inferiores

Na LCFSB Costa da Morte Infantil o equipo do Fisober disputaba a fase previa no P.M. de Carnota na tarde do domingo. Acadando a clasificación para a seguinte fase con dous triunfos.

Foron convocados para esta cita Íker como porteiro, ademáis de Lucía Canosa, Martín, Manu, Vila, Carlos, Adan e o alevín Pablo.

No primeiro partido vencían con solvencía ao E.M.C. Carnota por 15 a 1. Os goles foron obra de Manu en catro ocasións, Carlos catro tamén, Martín, Lucía e Pablo dous e un para Vila.

No segundo partido enfrontábanse ao Colexio Manuela Rial o que vencían por 5 a 0. Con dous goles de Vila e un de Carlos, Martín e Pablo.

Con estes resultados quedan pendentes da seguinte fase da competición a disputar en data e lugar aínda por sinalar.

O equipo alevín mixto tiña dobre xornada esta semana xa que recuperaba un partido aprazado.

O equipo alevín mixto do Fisober gañou este mércores por 1 a 5 fronte ao Camariñas en Camariñas no partido correspondente a xornada oito da competición . Participando no partido Miguel ( porteiro ) , Iago, Marta, Javi, Zoe, Pablo , Lara, Noe, Sabela.

Os Goles foron obra : tres de Pablo, Iago, Javi.

Para este venres tiñan outro partido , o aprazado fronte a Corcubión correspondente a xornada sete o cal disputaban en Muxía gañando por oito goles a catro, participando : Miguel ( porteiro ) , Iago, Marta, Javi, Pablo , Lara, Noe, Sabela.

Os Goles foron obra : catro Pablo, e dous Iago e Marta.

Fin de semana de non parar para os equipos do Fisober

Fin de semana de non parar para os equipos do Fisober cheo de partidos dende o venres ata o domingo e incluso cun xa disputado este mércores.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica dispútase o sábado día 19 de xaneiro as 19 horas no P.M. de Cee dentro da 16 ª xornada de liga e primeira da segunda volta o partido entre o Fisober e o Bembrive F.S..

O Bembrive é o terceiro clasificado de liga e tan solo perdeu tres partidos no que vai de tempada. A semana pasada goleaba a domicilio ao Cidade de Pontevedra por un a catro. Na primeira volta o resultado foi de dous a cero a prol das olívicas con goles de Antía Ribeiro e Laura. Resulta curioso que o último enfrontamento entre ambas escadras co Fisober coma local tamén fora en Cee e terminara con cero a dous a prol das olívicas.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial o filial do Fisober visita o sábado día 19 a partires das 18 horas ao Melide F.S.F. no P.M. de Melide en partido correspondente a 12 ª xornada de liga.

O Melide é o quinto clasificado de liga e a semana pasada caía por un a cero fronte a un dos cocos da categoría como é o Villestro. Na primeira volta o resultado fora de un a cinco a prol do Melide. Con gol de Lucía Canosa para as costeiras e de Elvira i Elisa en dúas ocasións e María polo Melide.

Na Liga Galega Infantil Feminina e dentro da 12 ª xornada de liga volta a competición o equipo infantil despois de tantas semanas de parón. O infantil desprazase a Lugo para enfrontarse o domingo día 20 a partires das 18 horas no P. Centro Deportivo Terra no Ceao ao C.D. Adarve Lugo.

Na primeira volta o resultado fora de once a cinco a prol das costeiras con Lucía Canosa con catro goles, Saray e Lucía Martínez con dous e Sharay, Uxía e Laura con un, mentras que polo Adarve fixérono Alba con tres, Lucía e Karem con un.

Tamén o domingo día 20 entra en escena un novo equipo como é o infantil mixto da LCFSB Costa da Morte que terá concentración no P.M. de Carnota. Enfrontarase a partires das 17:30 as E.F.C. Carnota e as 18:30 ao Manuela Rial. Os dous primeiros clasificados pasan a seguinte fase do Comarcal.

Por último aínda que serán os primeiros en participar o equipo alevín mixto da LCFSB Costa da Morte terá partido o vindeiro venres día 18 a partires das 19 horas no P.M. de Muxía para enfrontarse as E.F.B. Corcubión en partido aprazado. Por certo este mércores xa disputaron o seu partido fronte ao Camariñas gañando por un a cinco en Camariñas con tres goles de Pablo, e un de Iago e Javi.

f t g