Copyright 2019 - Fisober FSF

Entrevista a Adriana

Hoxe toca entrevista a outra das novidades desta tempada, Adriana, que chegou no verán procedente do Villa de Cee, ainda que de rapariga xa vestira a camisola do Fisober nun par de ocasións.  Para esta ceense nada o 11 de abril de 1989 a palabra Universal en fútbol sala cobra sentido xa que pode xogar en calquer posición da pista.

Ler máis: Entrevista a Adriana

Volta á competición por partida dobre nas ID de O Conco

Volve a competición o Fisober F.S.F. neste 2019 despois do longo parón de Nadal para eles, e volve por partida dobre nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica en partido correspondente a 15 ª xornada e última da primeira volta, o Fisober recibe ao E.D.M. Salceda o vindeiro sábado día 12 a partires das 18:00 horas e o árbitro designado é Iván Vidal.

O Salceda ven de gañar na última xornada antes do parón ao Cidade de Pontevedra por catro a dous.

As súas máximas goleadoras son as irmáns Martínez Novas, Dolores e Carmen con dez e nove goles , seguidas dos oito de Marta.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial en partido correspondente a 11ª xornada, o Fisober recibe ao Academia Red Blue 5 Coruña o vindeiro sábado día 12 a partires das 16:00 horas e o árbitro designado é Daniel Blanco.

O 5 Coruña é actualmente o terceiro clasificado. Na primeira volta en partido disputado en A Coruña o resultado fora de sete a cero a prol das herculinas con goles de : Silvia e Patri en dúas ocasións , ademais de Nerea, Ana e Leny.

As súas máximas goleadoras son Silvia, Ana e Leny.

O equipo infantil non tiña xornada este fin de semana ao retirarse previamente o seu rival.

E o alevín mixto suspendeu o seu partido que o debía enfrontar ao Corcubión.

Entrevistamos a última incorporación, Barca Toba

Barca é unha das xogadoras máis veteranas e con maior traxectoria deportiva do Fisober, esta muxiana nacida o 8 de outubro de 1985 ten unha longa traxectoria futbolística.

Iniciou a súa andaina nas escolas municipais de Muxía, sen embargo ó contrario das súas compañeiras ela non tivo que iniciar a súa andaina futbolística cos rapaces, pois alí había un equipo feminino que conseguiu numerosos campionatos de liga. Tralo seu paso polo fútbol sala costeiro dou o salto ó clube coruñés Sal Lence, no que solo estivo un ano, pois tras ir os adestradores das escolas municipais de Muxía para o Viaxes Amarelle ela tamén daría o salto ó equipo de Santa Comba. Tras pasar tres tempadas alí, obtivo un campionato de liga provincial feminina e darían o salto a liga autonómica.

Despois de combinar o fútbol sala co fútbol recalaría no Fisober, equipo no que leva xogando 5 anos. En estas cinco tempadas Barca, obtería un campionato de copa provincial, un campionato de liga autonómica, un subcampionato de copa autonómica e subcampionato de España.

Esta boa traxectoria no fútbol sala levouna á selección galega absoluta onde obtería o campionato de seleccións autonomicas.

Os últimos anos Barca alternaría as competicións de fútbol sala coas de atletismo, chegando a dedicarse exclusivamente ao atletismo. Este ano voltou ao Fisober FSF. 

Ler máis: Entrevistamos a última incorporación, Barca Toba

[Inocentada] O Fisober crea un clube de atletismo

O Fisober ampliará as súas seccións de cara a tempada 2019 coa creación dunha sección de Atletismo.

A volta ao clube de Barca Toba, recoñecida atleta, fixo que esta idea se levara a cabo e polo tanto o clube participará en diferentes carreiras e competicións durante o ano 2019.

Pero non só Barca Toba será a cabeza visible da nova sección do clube xa que outr@s compoñentes do clube, como Kenny, Laura Pose, Uxía Lema, Saray Duarte, María Maroñas, Pablo Costa, Carlos Costa... e incluso o presidente Fran Toba son habituais en diferentes carreiras durante todo o ano e polo tanto non está o cupo pechado e calquera pode incluirse na sección.

Os adestramentos serán levados a cabo por Barca Toba, pero aínda sen datas nen horarios fixos xa que é unha idea incipiente que se está comezando a desenrolar.

Da mesma forma estase a negociar dende a directiva do Fisober con Damián Espasandín e Paula Esteiro a creación dunha sección tamén de OCR. Xa que ambos deportistas comparten instalaccións e coinciden habitualmente poderían levar o nome do clube por España e polo mundo. Aínda que tamén poderían firmar un contrato de colaboración na busca de sponsors e inversores tanto para o Fisober como para as competicións de OCR.

Últimos partidos do ano

Chegan os últimos partidos do ano para un Fisober nun fin de semana no que xogarán o primeiro equipo e o alevín mixto.

O primeiro equipo remata o ano visitando a S.D. A Gaiola de Santiago dentro da 14ª xornada da Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica, o vindeiro sábado día 22 a partires das 17 horas no P. de O Restollal da capital de Galicia.

A Gaiola é un equipo que supera ao Fisober na clasificación en tres puntos, ademais moi forte coma local onde tan solo perdeu fronte ao líder Castro.

Ademais conta con dúas ex do conxunto costeiro coma Bárbara e Raquel , e outras dúas costeiras coma Marta Sambade e Bea Lista, polo que se prantexa unha visita complicada a Santiago de Compostela.

Pola súa banda o equipo alevín mixto da LCFSB Costa da Morte visita as Escolas do Concello de Carnota o vindeiro luns día 24 a partires das 12 horas no P. de Carnota, nun partido anteriormente aprazado.

f t g