Copyright 2019 - Fisober FSF

O Fisober terá que voltar a salvarse

O Fisober cando xa se cría salvado, onte espertou ca nova de que o Salceda presentara un recurso contra unha aliñeación indebida dun terceiro e acadaba dous puntos que o volven poñer na pomada e compromete moito as costeiras. Polo tanto as costeiras terán que voltar a salvarse, pero a nova implica tamén no descenso a novos equipos como o filial de A Fervenza.

O sábado un de xuño a partires das 18:00 horas no P.M. Salceda de Caselas o equipo local e o Fisober xóganse a tempada nun partido a todo ou nada con Jesús Conde Areal coma colexiado.

As contas son estas se o Fisober vence ou empata está salvado en caso contrario dependerá de terceiros.

Se perde queda nas mans do Couto que visita Culleredo, necesitaría que o Couto non gañase para salvar as costeiras. A outra vía esta máis difícil sería que o filial de A Fervenza perdese por cinco goles máis do que o faga o Fisober, algo que parece pouco probable.

As costeiras atópanse cunha situación inesperada a dous días do partido e cunha praga de baixas o que dificulta aínda máis as cousas.

Na primeira volta o resultado fora de igualada a dous goles , polo Fisober marcaran Mai e Paula Fandiño polo Salceda : Bárbara e Marta.

O pasado fin de semana remataban a competición o filial e o infantil nas súas respectivas Copas. O filial perdía por catro a cero en Cruces nun partido no que xa non se xogaba nada. Pola súa banda o infantil perdía nos penaltis nas semifinais da Final Four, un gol nos últimos segundos e a lotería dos penaltis deixounas fora dunha final que se levou o locatario Poio.

Partido de gran importancia para o Fisober

Fin de semana no que o Fisober F.S.F. tan solo ten un partido, o do primeiro equipo, pero de suma importancia e será no inhabitual horario de domingo as 19 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Na Preferente Galicia-Liga Autonómica o Fisober recibe ao S.D. A Gaiola o vindeiro domingo día 19 a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 29ª xornada de liga e con Marcos Pérez Rodríguez coma colexiado asignado.

Partido moi importante para as costeiras o desta xornada a última coma local. O Gaiola santiagués é un equipo con moita xogadora coñecida nas súas filas. Conta con dúas ex coma Bárbara e Raquel ademais de dúas xogadoras costeiras coma Bea Lista e Marta Sambade.

Na primeira volta o triunfo fora do Gaiola por catro a dous con goles de : Raquel en dúas ocasións, Estela e Bárbara nunha, polo Fisober marcaran : Nuria e Paula Fandiño. O que demostra a dificultade do partido e a eterna maldición de enfrontarse as ex xogadoras.

Copa Primeira Galicia e finais dos campionatos provinciais

COPA PRIMEIRA GALICIA

RESULTADO : FISOBER B F.S.F. – TCA INSTALACIONES FS PONTEDEUME : 3-2.

FISOBER B : Sharay, María Maroñas, Lucía Rodríguez, Nerea, Lucía Martínez ; tamén xogaron : Andrea, Ruth, Uxía.

PONTEDEUME : Marta, Yaiza, Laura, Estela, Marta Balado ; tamén xogaron : Sonia, María, María López, Nuria, María Allegue, Lara.

ÁRBITRO : Francisco Javier Seijo , CRONO : Melanie Mendoza.

GOLES : 0-1 min 6 María Allegue , 0-2 min 12 María Allegue, ( descanso ) , 1-2 min 29 Uxía, 2-2 min 30 Saray, 3-2 min 43 Nerea.

Partido correspondente a 8ª xornada de Copa Primeira Galicia – Copa Provincial no seu grupo B disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O filial do Fisober pragado de infantiles lograba repoñerse a un dous cero en contra e levarse o partido, con Sharay facendo as veces de porteira.

Non comezaba mal o filial costeiro pero as de Ferrolterra poñían perigo a contra. E nunha contra era María Allegue a que poñía en vantaxe ao Pontedeume.

Continuou o dominio do filial e noutra contra de novo María Allegue facía o segundo gol visitante.

O filial costeiro tentouno durante a primeira metade pero non foi quen de superar a boa porteira visitante. Con cero a dous chegouse ao tempo de lecer.

Na segunda metade puxéronlle moitas gañas as locais para darlle a volta ao partido.

Así era Uxía a que reducía distancia e tan solo un minuto despois era Saray a que deixaba o empate no electrónico co que comezaba un novo partido.

Segueu intentando o filial costeiro e tamén as visitantes poñían a proba a Sharay en portería.

Ata que Nerea facía o terceiro e dáballe a volta ao partido a prol do filial. Nos sete minutos que restaban xa non se moveu o marcador e os puntos quedaron na costa.

A vindeira semana descansan as costeiras que rematan a competición dentro de quince días en Cruces.

CAMPIONATOS PROVINCIAIS

Os equipos infantil e alevín femininos disputaban as finais provinciais fronte a sendos equipos do Viaxes Amarelle nas instalacións do P.M. de Outes, en ambas categorías saíron triunfadoras as vaixeiras.

Primeiro era a xeira para as alevíns que se enfrontaban a un Viaxes Amarelle campión de Liga e Copa Galega. O resultado foi de seis a un a prol das herculinas e o gol costeiro foi obra de Marta. Polo Fisober participaron Yaiza , Sabela, Marta, Lara, Zoe, Noa, Sara e Claudia.

Despois era o turno para as alevín que tamén se enfrontaban a un Viaxes Amarelle campión de Liga Galega. O resultado foi de catro a un a prol das herculinas e o gol costeiro foi obra de Laura Esteiro. Polo Fisober participaron Alexia , Sharay, Lucía Rodríguez, Saray, Lucía Martínez, Lucía Canosa, Ruth, Lauriña, Nerea, Laura Esteiro, Uxía.

Ambos equipos do Fisober eran adestrados por Ana Mouzo e Dani Costa.

Fin de semana chea de emoción e partidos para o Fisober

Fin de semana chea de emoción e partidos para os equipos do Fisober.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo viaxa a Vilalba para enfrontarse ao Vilalba F.S. no P.M. de Deportes de Vilalba a partires das 16 horas en partido correspondente a 28 ª xornada de liga con Yago Seijas coma colexiado asignado.

Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol das lucenses. Os goles costeiros foran obra de Adriana e Barca. Polo Vilalba marcaran Akira e Carolina en dúas ocasións cada unha.

O equipo filial ten partido de Copa Primeira Galicia- Copa Provincial o sábado a partires das 17:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao TCA Instalacions F.S. Pontedeume, en partido correspondente a 8 ª xornada no seu grupo B.

Será a cuarta vez que se vexan as caras ambos equipos esta tempada , con dúas igualadas e un triunfo costeiro no partido da primeira volta de Copa por un a catro. Con goles do filial costeiro de Lucía Rodríguez, Saray, Nerea e Lucía Canosa e polo Pontedeume Yaiza.

Tamén xogaran as finais provinciais os equipos infantil e alevín feminino i en ambas terá ao Viaxes Amarelle coma rival en partidos que se disputarán no P.M. de Outes.

As 11 horas xogarase a final alevín, será o terceiro enfrontamento desta tempada entre ambos conxuntos e nos anteriores gañou de forma contundente o equipo viaxeiro que acabaría sendo campión de Liga e Copa galega alevín polo tanto é o gran favorito.

As 12 horas xogarase a final infantil, será o quinto enfrontamento entre ambos equipos esta tempada con dúas vitorias para cada equipo. Gañaron sempre os locais nos seus enfrontamentos.

Resultados Copa Provincial e Copa Infantil

COPA PROVINCIAL

ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA – FISOBER B F.S.F. : 3-2.

5 CORUÑA : Natalia, Nerea, Ana, Sandra, Leny ; tamén xogaron : Alba Canosa, Antía, Rocío, Mel, Alba.

FISOBER B : Naira, Lucía Rodríguez , María Maroñas, Lucía Canosa, Saray ; tamén xogaron : Sharay, Lucía Martínez, Andrea.

ÁRBITRO : Héctor Pérez , CRONO : Juan Rivera.

GOLES : 1-0 min 1 Ana, 1-1 min 14 Lucía Martínez, 2-1 min 15 Mel, 3-1 min 20 Nerea, 3-2 min 23 Saray.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. Barrio das Flores da Coruña correspondente a 7ª xornada da Copa Primeira Galicia – Copa Provincial no seu grupo B.

O filial prantou cara a un dos grandes da categoría ao igual que na primeira volta da liguiña e caeu pola mínima na Coruña, cun plantel pragado de infantiles.

Empezaron mal as cousas para o filial costeiro recibindo un gol ao pouco de comezar por parte de Anita.

As herculinas apretaron moito nestes primeiros minutos e o filial pechouse atrás e intentou saír a contra.

Nunha desas contras a infantil Lucía Martínez facía a igualada para as do filial costeiro.

Pouco lle durou a ledicia as xogadoras do Fisober B xa que no seguinte minuto Mel poñía de novo por diante as locais.

Pouco despois Nerea facía o terceiro gol herculino, ao que respostou Saray antes de chegar ao tempo de lecer.

Co tres a dous voltouse dos vestiarios , co mesmo guión de partido dominio local e as costeiras intentando saír a contra.

As herculinas tiveron as súas opcións para pechar o partido antes dos últimos minutos pero non foron quen de logralo a non aproveitar as súas claras ocasións de gol.

Iso provocou que o filial costeiro se lanzara na busca da igualada nos últimos minutos de partido pechando as herculinas no seu campo e gozando de moi boas ocasións , facendo padecer as locais pero o resultado non se moveu.

A vindeira semana o filial xogara en Dumbría fronte ao Pontedeume.

 

COPA INFANTIL

FISOBER F.S.F. – FERROL A FERVENZA : 3-1.

FISOBER : Alexia, Sharay, Lucía Rodríguez, Saray, Lucía Canosa ; tamén xogaron : Alejandra, Laura, Ruth, Uxía, Lucía Martínez.

FERVENZA : Iria, Julia, Keira, Irene Cela, Irene Pol, tamén xogaron : Inés , Ainara, Paula, Sofía, Antía , Sofía Ferreiro.

ÁRBITRO : Iván Vidal, CRONO : Lucía Blanco.

GOLES : 1-0 min 4 Lucía Canosa, 1-1 min 14 Sofía, ( descanso ) , 2-1 min 33 Lucía Martínez, 3-1 min 38 Lucía Canosa.

Partido correspondente a 5 ª xornada na Copa Galega Infantil femenina no seu grupo A disputado na mañán do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober logrou o triunfo ante A Fervenza e acadou a clasificación para a Final Four de Copa a celebrar en lugar e data por determinar.

Coma nas tres ocasións anteriores esta tempada foi un partido igualado e competivo entre ambas escadras que non se decidiu ata os últimos minutos de partido.

Arrancaron ambos conxuntos moi fortes pero o primeiro en pegar foi o costeiro cun gol de Lucía Canosa para poñer en vantaxe as súas.

As visitantes non se rendiron e lograron igualar cun gol de Sofía Calderón para poñer o resultado en táboas. Un resultado co que se chegou ao tempo de lecer.

Despois da volta de vestiarios o partido continuou co mesmo guión e moi igualado. Os dous conxuntos tiñan as súas opcións pero o resultado non se moveu ata que apareceu Lucía Martínez para facer o segundo gol costeiro.

Antes do fin un novo gol de Lucía Canosa facía o terceiro gol local e selaba o pase para a Final Four copeira das costeiras. Con este triunfo o Fisober remataba a liguiña e tocará esperar a celebración da Fase Final.

Pero a vindeira semana si terán partido aínda que doutra competición xa que xogarán o sábado a final do campionato provincial fronte ao Viaxes Amarelle en Outes. Unha fase final provincial na que tamén participará o equipo alevín feminino, tamén en Outes e co Viaxes Amarelle e o Jogafan Ordes como rivais alevíns femininos.

 

 

f t g