Copyright 2017 - Fisober FSF

Sobre Nós

O Fisober FSF foi fundado no ano 2004, coa intención de crear un equipo que permitise practicar este deporte ás nenas e mulleres das comarcas de FIsterra, SOneira e BERgantiños. A día de hoxe é o clube de referencia na Costa da Morte pola súa estructura de Clube, a súa filosofía de canteira e os méritos acadados.

A Xunta directiva do Clube Fisober FSF ten como obxetivo principal levar a cabo un proxecto único na Costa da Morte fundamentado no traballo de fútbol sala feminino, aspirando a que na zona exista sempre un equipo senior competitivo, capaz de aspirar a altas cotas deportivas, con unha base maioritariamente de xogadoras da Costa da Morte.

Debido a que na Costa da Morte existe unha gran afección polo fútbol sala, surxe a necesidade de crear un equipo feminino nas Comarcas que dan nome ó noso Clube. Ata ese momento as nenas competían cos nenos en idade escolar, que ó rematar a categoría infantil deixaban de competir por carecer de Clube que lles dese a oportunidade de seguir competindo, formándose como xogadoras e practicar un deporte que lles gusta.

É conveniente reseñar que os recursos para a formación e desenrrolo do fútbol sala feminino na comarca son nulos. É unha realidade contrastada que na maior parte dos Concellos da comarca e provincia destinan os seus recursos materiais, económicos e humanos ós seus equipos masculinos quedando no olvido unha gran cantidade de nenas que non poden practicas o seu deporte favorito por falta de Clubes. Esta realidade non queda desapercibida para o Fisober FSF. 

Ó fútbol sala, que actualmente comeza a ter certo interés popular e incidencia social nos medios de comunicación, ainda lle queda moito por conseguir, sobre todo en categorías femininas como a nosa. Ainda asi, o Clube Fisober FSF, promocionou a práctica deste deporte durante todos estos anos e representou á Costa da Morte en competicións tanto a nivel local, como a provincial, autonómico e nacional.

Actualmente o Clube conta cunha infraestructura e recurosos humanos (directivos, técnicos, xogadoras e colaboradores) que compoñen un amplo colectivo que deportivamente configuran dous equipos senior (un competindo en Liga Nacional División de Plata, e outro competindo en categoría provincial) e categorías inferiores.

Estos datos xa din moito do clube que, dentro das súas modestas posibilidades, sempre optou polo fomento dunha práctica deportiva que divertise e motivase ás rapazas, e que desde un principio tiveron que facer un esforzo increible por tratar de alcanzar o gran nivel deportivo que teñen e por ser reconocidas e recompensadas; debido ós inconvintes e dificultades añadidas que todo deporte feminino como tal posee. Porén, a pesares de que o valor e concepto de igualdade nos parece que xa se conseguiu hai anos, neste ámbito no que nos movemos, como noutros moitos da vida cotidiana, podese apreciar que non é asi.

Tampouco hai que olvidar o enorme traballo que adestradores, preparadores e colaboradores realizaron e realizan, de forma desinteresada, tanto co primeiro equipo como cos equipos base desde hai oito anos, para sacar adiante este deporte de equipo que tanto pode formar, educar, divertir e axudar no seu desenrolo a calquera rapaza que se inicie nas súas prácticas, a pesares de que ainda exista moita xente que cre que as mulleres son "incapaces" de xogar ó futbol e o futbol sala. "Pobres ilusos" xa que o noso clube demostrou e demostra diariamente que son capaces e moito, pois non é cuestión de sexo senon do traballo en equipo, esforzo e dedicación constantes, e sobre todo unha ilusión infinita.

comments
f t g