Copyright 2019 - Fisober FSF

01-12-2018 18:00

Player statistic

    20' Saray
    29' Saray

Additional information

Arbitros
Tania Penabad
Crono
Silvia Folgueira

CASTRO: Aurora, Sofía, María, Noa, Laura ; tamén xogaron : Antía, Lorena.

FISOBER: Alexia, Ale, Uxía, Saray, Sharay ; tamén xogaron : Lucía Rodríguez, Lucía Martínez.

ÁRBITRO:Tania Penabad , CRONO: Silvia Folgueira.

GOLES: 1-0 min 2 María, 2-0 min 8 Noa, 3-0 min 13 Antía, 4-0 min 18 Antía, 4-1 min 20 Saray , ( descanso ), 5-1 min 24 Noa, 5-2 min 29 Saray, 6-2 min 36 Antía.

Partido correspondente a novena xornada na Liga Galega Infantil disputado no P.M. de Castro Ribeiras de Lea na tarde do sábado.

Un minuto e medio durou o bo comezo de partido do equipo infantil do Fisober. Nese primeiro minuto e medio tivo un par de ocasións moi boas.

Pero unha contra cando aínda non pasaran dous minutos finiquitada por María quitou do partido as costeiras e puxo en vantaxe as locais.

As lucenses máis metidas no partido foron mellores cas costeiras, que non se atoparon na primeira metade.

Noa acadaba aos oito minutos o segundo gol das locais. O terceiro chegou por mediación de Antía que repetía pouco despois.

Unha falta ao borde do área na última xogada da primeira metade transformada por Saray poñía o catro a un co que se chegou ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios as costeiras saíron con outra cara e con gañas de combinar pero non eran quen de recurtar diferenzas.

Quen si materializaba era a local Noa para incrementar novamente diferenzas. Aínda así as costeiras estaban moito mellor nesta segunda metade e de novo Saray recurtaba cun novo gol costeiro.

A mellora costeira non se materializaba con máis goles a pesares das ocasións. Quen si marcaba era Antía para o seis a dous definitivo.

Con este partido remataba a primeira volta. A vindeira semana non hai xornada de liga que volta en quince días ca visita A Fervenza.

Alineación:

f t g