Copyright 2019 - Fisober FSF

20-01-2019 18:00
P. Centro Deportivo Terra

Player statistic

    2' Saray
    10' Sharay
    11' Ale
    16' Ruth
    18' Laura
    27' Uxia

RESULTADO : C.D. ADARVE LUGO – FISOBER :4-6.

ADARVE: Nerea, Lucía, Alba, Carla, Iria ; tamén xogaron : Aida, Andrea, Sheila, Karem, Naiara.

FISOBER: Alexia, Lucía Martínez, Saray, Uxía, Sharay ; tamén xogaron : Nerea, Lucía Rodríguez, Ale, Laura, Ruth, Sabela, Marta.

ÁRBITRO : Tania Penabad , CRONO: Silvia Folgueira.

GOLES:0-1 min 2 Saray, 1-1 min 5 Alba, 1-2 min 10 Sharay, 1-3 min 11 Ale, 2-3 min 13 Alba, 2-4 min 16 Ruth, 2-5 min 18 Laura, 3-5 min 19 Karem , ( descanso ), 3-6 min 27 Uxía, 4-6 min 38 Karem.

Partido disputado na tarde do domingo no P.M. Terra do Ceao Lugo en partido correspondente da 12 ª xornada da Liga Infantil feminina.

Partido tolo o que se disputou en Lugo con dous equipos que pensaban máis no ataque e no gol que en tarefas defensivas, moi divertido para o espectador e no que a mellor noticia costeira foi o debut en Liga Galega Infantil das alevíns Marta e Sabela que vivían esta gran experiencia. Tamén debutaba na categoría a infantil Nerea aínda que esta última xa tivo a oportunidade de xogar dous partidos co equipo filial o Fisober B.

Iniciaron os dous equipos con ganas e con opcións. O primeiro en acertar foi o Fisober no que un centro-chut de Saray era desviado na súa portería por Alba.

Unha Alba que se resarcía pouco despois co gol da igualada. O segundo gol visitante era obra de Sharay Caamaño que o día antes fora porteira co filial e un día despois goleadora co infantil.

O terceiro era obra de Ale o cal respostaba Alba para as lucenses.

Respostaban novamente as costeiras con goles de Ruth que volvían a unha convocatoria despois de moito tempo sen poder xogar. Tamén marcaba Laura o seu gol para poñer o dous a cinco. Recurtaban as locais por medio de Karem para o tres a cinco co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade era Saray Duarte a que pasaba a portería. O partido tranquilizouse un pouco.

Nesta segunda metade disfrutaron de moitos minutos para o seu debut na categoría Sabela e Marta.

Mediada a segunda metade Uxía facía o sexto visitante e a pouco do fin Karem o definitivo tres a seis.

O equipo infantil non volverá a xogar ata o fin de semana do dez de febreiro onde se enfrontará ao Viaxes Amarelle en Dumbría.

f t g