Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Lucia 1'    
Sharay 3'    
Lucia 4'    
Saray 5'    
Lucía Martínez 20'    
Saray 22'    
Lucia 23'    
Lucia 24'    
Uxia 34'    
Lucía Martínez 38'    

FISOBER: Alexia, Sharay, Uxía, Lucía Canosa, Saray ; tamén xogaron : Lucía Martínez, Lauriña, Ruth, Lucía Rodríguez.

ADARVE: Lara, Karen, Carla, Iria, Alba , tamén xogaron : Aida, Lucía, Sheyla.

ÁRBITRO: Esteban Botana, CRONO: Jorge Fernández.

GOLES: 1-0 min 1 Lucía Canosa, 2-0 min 3 Sharay, 3-0 min 4 Lucía Canosa, 4-0 min 5 Saray, 4-1 min 6 Alba, 4-2 min 10 Alba, 4-3 min 11 Lucía, 4-4 min 15 Karen, 4-5 min 19 Alba, 5-5 min 20 Lucía Martínez, ( descanso ), 6-5 min 22 Saray, 7-5 min 23 Lucía Canosa, 8-5 min 24 Lucía Canosa, 9-5 min 34 Uxía, 10-5 min 38 Lucía Martínez, 11-5 min. 39 Lauriña.

Partido disputado na sobremesa do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a terceira xornada de liga entre os equipos infantiles do Fisober e o Adarve.

Partido tolo o vivido en Dumbría no que os dous equipos se preocuparon máis do ataque que da defensa e no que tiraron de varias xeiras de goles.

Iniciouse cun catro a cero para as locais, despois remontaron as visitantes ata un catro a cinco, e un gol postreiro costeiro fixo que se chegase con igualada o tempo de lecer.

Un arreón despois do descanso das locais fixo que se levaran o partido e sigan como líderes nesta liga asimétrica xa que unha terceira retirada por parte dun equipo fai compricado o calendario.

Lucía Canosa, Sharay, de novo Lucía Canosa e Saray adiantaban as locais. Pero as visitantes respostaban con tres goles de Alba , un de Karen e outro de Lucía para poñerse en vantaxe e remontar o catro a cero inicial. Xusto antes do tempo de lecer Lucía Martínez igualaba o partido na tolemia.

A volta de vestiarios saíron máis entoadas as locais e Saray, Lucía Canosa por dúas ocasións , Uxía e Lucía Martínez deixaban o partido sentenciado.

Para rematar co primeiro gol de Lauriña na categoría.

A vindeira semana a retirada a última hora do Talleres Abc de Vigo fai que as costeiras descansen, co cal esta liga asimétrica fai que non volten a ter partido ata ala polo once de novembro en Coruña fronte ao Viaxes Amarelle.

f t g