Copyright 2019 - Fisober FSF

11-11-2018 12:30

Player statistic

    16' Ale
    21' Uxia
    29' Saray

Additional information

Arbitros
Emilio González
Crono
Iván Enriquez

AMARELLE : Carmen, Olalla, Lucía Yu, Sabela, Carla ; tamén xogaron : Andrea, Sara, Claudia, Cynthia.

FISOBER : Alexia, Saray, Lucía Canosa, Uxía, Sharay ; tamén xogaron : Ale, Lucía Rodríguez, Laura, Ruth, Lucía Martínez.

ÁRBITRO : Emilio González ; CRONO : Iván Enriquez.

GOLES : 1-0 min 8 Sabela, 1-1 min 16 Ale , 2-1 min 17 p.p. , 3-1 min 19 p.p., 4-1 min 19 Sabela , ( descanso ), 4-2 min 21 Uxía, 4-3 min 29 Saray, 5-3 min 30 Lucía Yu, 6-3 min 31 Carla, 7-3 min 37 Claudia, 8-3 min 38 Carla.

Partido correspondente a quinta xornada da Liga Galega Infantil disputado este domingo no P.M. Sagrada Familia de A Coruña.

Chegaban os dous equipos invictos e xogándose o liderato nesta liga asimétrica pero o equipo costeiro non tivo nin a actitude , nin a sorte necesaria neste tipo de partidos.

Chegaban a sexta xornada pero tan solo disputando dous partidos ambos equipos, ademais o Fisober era o primeiro que disputaba coma visitante e o Amarelle coma local.

E no minuto oito a local Sabela poñía en vantaxe as súas. As costeiras acadarían igualar no minuto dezaseis cun gol da debutante Ale. Primeiro partido ca camisola do Fisober , primeiro gol na categoría e tamén era o primeiro gol que encaixaba o Viaxes Amarelle na tempada.

Pero pouco lles durou a ledicia xa que en dous minutos fatídicos se lles foi parte do partido. Entraban nos dous últimos minutos da primeira metade con empate pero dous goles en propia porta seguidos, e un de Sabela a pouco do fin , facían que se foran a vestiarios cun incrible catro a un.

A volta do tempo de lecer foi boa cun gol case de saída de Uxía. E no minuto nove Saray poñía un esperanzador catro a tres que deixaba as costeiras a tiro de pedra.

Pero dous goles case seguidos de Lucía Yu e Carla mataron definitivamente o partido.

Claudia e Carla facían os dous últimos goles locais.

A vindeira semana as infantiles do Fisober visitan Poio.

f t g