Copyright 2019 - Fisober FSF

15-12-2018 17:00

A FERVENZA:Inés, Ainara, Keira, Antía, Sofía ; tamén xogaron : Alexandra, Irene, Sofía Ferreiro, Irene Pol.

FISOBER: Alexia, Laura, Sharay, Lucía Canosa, Saray ; tamén xogaron : Ale, Uxía, Lucía Rodríguez, Lucía Martínez.

ÁRBITRO: Eloy Bello , CRONO: Juan Antonio Grandio.

GOLES : 1-0 min 18 Ainara, 1-1 min 18 Lucía Martínez , ( descanso ) , 1-2 min 25 Lucía Martínez.

Partido disputado na tarde do domingo no P. de As Lagoas de Narón correspondente a décima xornada da Liga Galega Infantil.

Dous goles de Lucía Martínez remontaron o inicial de Ainara e déronlle o triunfo as costeiras, para rematar o ano con vitoria.

O inicio do partido foi igualado pero sen oportunidades claras para ningún dos dous equipos.

Mediada esta primeira metade chegaron os mellores minutos das costeiras con varias ocasións que a porteira local Inés desbarataba.

Pero nos últimos minutos da primeira metade chegaron uns minutos tolos. Primeiro cun gol da local Ainara e un minuto despois ca igualada por parte de Lucía Martínez.

Arrancaron ben as costeiras e os poucos minutos de novo Lucía Martínez culminaba cun gol a remontada costeira.

Tralo gol as costeiras intentaron ampliar distancias presionando a toda pista e buscando sentenciar, pero non o lograban de novo cunha porteira local moi inspirada.

Nos últimos minutos ambos equipos tiveron ocasións, incluso as costeiras enviaban un balón ao longueiro. Pero o electrónico xa non se moveu e os puntos viñeron cara a Costa.

Último partido do ano para as infantiles. O vindeiro partido será en principio alá polo 20 de xaneiro fronte o Adarve en Lugo.

f t g