Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Nerea 12'    
Nerea 49'    

Additional information

Arbitros
Marcos Pérez
Crono
Iago Antelo

FISOBER: Sharay , Nerea, Lucía Canosa, Saray, Lucía Rodríguez ; tamén xogaron : Alejandra, Alexia, Lucía Martínez, Laura, Uxía.

AMARELLE: Andrea, Olalla, Carla, Sara, Lucía Yu; tamén xogaron : Nuria, Maca, Cynthia, Lucía.

ÁRBITRO: Marcos Pérez , CRONO: Iago Antelo.

GOLES : 1-0 min. 12 Nerea ; ( descanso ), 2-0 min 49 Nerea.

Partido disputado na mañán do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría , no partido correspondente a 15 ª xornada da Liga Galega Feminina.

O equipo infantil foi o primeiro capaz de derrotar ao Viaxes Amarelle nesta liga e colocouse a un punto do líder, pechando un fin de semana perfecto para as categorías inferiores con triunfo do filial, o infantil e o alevín.

O partido foi un pouco tolo, con dominio do balón do Fisober e o conxunto visitante saíndo a contra con moito perigo.

O primeiro gol chegou despois dunha ocasión visitante e na contra o lanzamento de Lucía Canosa era rexeitado pola porteira aproveitando Nerea dito rexeite para poñer en vantaxe as costeiras.

Logo diso a sorte achegouse ao infantil costeiro xa que ata catro veces se topou co pau o Amarelle e a boa actuación de Sharay na portería axudou a manter a portería a cero.

Había moito nerviosismo na pista por ambos conxuntos. Saray tamén tivo unha boa ocasión nesta primeira metade.

Na segunda o mesmo guión de partido e moitos nervos. De novo Saray tivo unha gran ocasión nesta segunda metade.

Cando o partido chegaba ao remate unha boa xogada colectiva do Fisober rematou co segundo gol de Nerea. Un gran fin de semana para a infantil Nerea bigoleadora sábado co filial e domingo co infantil.

Por certo o Amarelle so recibiu seis goles en toda liga , cinco deles foron obra do Fisober.

Este triunfo poñe a liga nun pano a falla de dous partidos para os tres primeiros clasificados no que os enfrontamentos directos decidiran, todos teñen opcións pero o único que non depende de si mesmo é o cadro costeiro. Ao Viaxes Amarelle con 19 puntos fáltalle enfrontarse ao Castro , ao mesmo Castro con 16 puntos fáltalle enfrontarse ademais do conxunto viaxeiro co Fisober, polo tanto si calquera dos dous equipos gaña os seus dous partidos é campión. O Fisober con 18 puntos debe esperar un pinchazo do Amarelle na súa visita a Castro e gañar os seus dous partidos fronte ao Poio e o Castro, moito por decidir e moita emoción ata o final nesta Liga Galega Infantil.

Pola súa banda o conxunto alevín da LCFSB Costa da Morte gañaba por 4 a 2 en Muxía as E.M.F. de Vimianzo con goles de Pablo e Iago en dúas ocasións.

f t g