Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Ale 16'    
Sharay 22'    

Additional information

Arbitros
Rodrigro Varela
Crono
Lucía Blanco

FISOBER : Sharay, Laura, Saray, Lucía Canosa, Nerea ; tamén xogaron : Alexia, Lucía Martínez, Uxía, Alejandra, Lucía Rodríguez, Ruth.

POIO : Estela, Lucía, Mercedes, Andrea, Adriana ; tamén xogaron : Laura, María, Sara, Uxía.

ÁRBITRO : Rodrigo Varela , CRONO : Lucía Blanco.

GOLES : 1-0 min 16 Alejandra, 1-1 min 19 Uxía ; ( descanso ), 1-2 min 22 Andrea, 2-2 min 37 Sharay, 2-3 min 39 Adriana.

Partido correspondente a 16 ª xornada da Liga Galega Infantil disputado na noite do venres no P.M. Augusto César Lendoiro de Corcubión.

Un gol a falta de catro segundos cun Fisober emborcado cara a portería do Poio na busca dun gol que lles permitira soñar ca liga na última xornada deixounas sen opcións do título galego.

O infantil do Fisober arrancou moi nervioso consciente de que debía gañar se quería chegar vivo a última xornada. Pola súa banda as visitantes iniciaron o partido moi ben xa cunha ocasión de Adriana aos dous minutos.

Pouco despois chegou unha boa ocasión para a visitante Andrea que tampouco puido inaugurar o electrónico.

Desperezouse un pouco o conxunto costeiro e chegaron as súas primeiras ocasións. Primeiro cunha ocasión de Saray e logo cunha combinación entre Nerea e Uxía a que esta finalmente non chegou por pouco con todo a favor.

Seguían as ocasións para ambos equipos, Alejandra para as locais e Andrea para as visitanes.

A falla de cinco para o fin un disparo da costeira Saray foise ao longueiro. Ata que por fin a catro para o fin desta primeira metade Alejandra aproveitaba para poñer en vantaxe as locais.

Tralo gol chegaron minutos de sufrimento para as locais con varias ocasións visitantes ata que a falla de corenta segundos para o fin Uxía marcaba para chegar ao tempo de lecer con igualada a un tantos.

O inicio de segunda metade non puido ser peor xa que un gol de Andrea poñía ao Poio por diante e obrigaba ao Fisober a remontar se quería manterse vivo na liga e tomouno ao pe da letra emborcouse cara a portería de Estela cun ataque continuo.

Chegaron un bo número de ocasións, Saray, de novo Saray ao pau, e Lucía Canosa por partida dobre. O Poio creaba a contra e tivo un par de ocasións para matar o partido.

Lucía Canosa tiña de novo un par de ocasións para igualar , cun tiro ao pau incluido.

Arriscaba aínda máis o Fisober e Sharay pasaba da portería a punta e o pouco de facelo, lograba igualar o partido. Xa solo lle quedaba un gol as costeiras para chegar con opcións reais

a última xornada. O partido estaba tolo e había ocasións para ambos lados, Saray e Lucía Canosa tiñan as ocasións para as costeiras e Mercedes para o Poio.

A falla de vinte segundos Lucía Canosa tivo a última ocasión para as costeiras e na contra Adriana acababa cas ilusións do infantil do Fisober.

Agora non terán partido as costeiras ata o 10 de Marzo onde rematan a liga fronte ao Castro.

f t g