Copyright 2019 - Fisober FSF

24-02-2019
ID O Conco

Additional information

Arbitros
Iván Vidal
Crono
Iago Antelo

FISOBER B : Naira, María Maroñas, Paula Fandiño, Sharay, Serena ; tamén xogaron : Andrea, Uxía, Kenny.

VILLESTRO : Belén, Paula, Raquel, Carla, Lidia ; tamén xogaron : Aurora, Eva.

ÁRBITRO : Iván Vidal , CRONO : Iago Antelo.

GOLES : 0-1 min 11 Paula, 0-2 min 18 Raquel, 0-3 min 25 Raquel , ( descanso ), 0-4 min 30 Lidia, 0-5 min 32 Carla, 0-6 min 36 Eva.

Partido correspondente da 17 ª xornada de Liga Primeira – Galicia disputado na mañán do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

As dos arrebaldos de Santiago foron mellores e superaron con solvencia ao filial costeiro guiadas por unha ex do Fisober como é Carla.

Aguantaron ate case a metade do primeiro periodo as xogadoras do filial apoiadas na boa actuación de Naira na portería. Pero un gol de Paula para as visitantes abría a lata.

No minuto 18 era Raquel a que poñía o segundo.

E cando parecía que xa se ía chegar con ese resultado ao tempo de lecer de novo Raquel facía o terceiro no último segundo da primeira metade.

Na segunda metade o mesmo guión. Ampliaría diferenzas Lidia, pouco despois a ex do primeiro equipo Carla facía o típico gol da ex que sempre aparece , para rematar co sexto de Eva.

Despois o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana non haberá liga , rematando a competición o día 10 de marzo ca visita a Pontedeume no que será último partido de liga.

Pola súa banda o alevín mixto gañaba por oito a un as E.F. C. Carnota en Muxía con goles de Pablo e Iago en dúas ocasións e Marta, Lara, Sabela e Anxo cun gol.

f t g