Copyright 2019 - Fisober FSF

20-10-2018 13:00

Player statistic

Lucia 8'    

Additional information

Arbitros
Marcos Noya
Crono
Vanesa Varela

FISOBER B: Naira, María Maroñas, Nuriña, Laura, Serena ; tamén xogaron : Sharay, Kenny, Saray, Lucía Canosa.

MELIDE : Xanaia, Carla, Anabel, María, Elvira ; tamén xogaron : Carmen, Andrea, Inés, Elisa.

ÁRBITRO: Marcos Noya ,CRONO : Vanesa Varela.

GOLES: 1-0 min 8 Lucía Canosa, 1-1 min 8 Elisa, 1-2 min 14 Elvira, ( descanso ) 1-3 min 28 Elisa, 1-4 min 38 Elvira, 1-5 min 43 María.

Partido disputado na sobremesa do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a terceira xornada de liga entre o filial do Fisober e o Melide.

O filial do Fisober atopouse cun gran equipo e a pesares de iniciar por diante no electrónico tan solo puido facer frente na primeira metade.

O inicio do partido foi igualado e ninguén impoñía o seu poder.

Ata que aos oito minutos a debutante na categoría Lucía Canosa non podía debutar de mellor maneira que cun gol.

Pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que nese mesmo minuto Elisa facía o gol da igualada.

Que lles durara tan pouco o resultado as locais foi unha xerra de auga fría sobre a súa fráxil moral esta tempada.

Aos catorce minutos Elvira poñía por diante as visitantes.

A pesares de todo aguantaron a primeira metade as costeiras, chegándose ao tempo de lecer con ese exiguo un a dous para as visitantes.

A segunda metade foi outro cantar xa que un gol inicial visitante matou as esperanzas costeiras, o gol foi obra de novo de Elisa.

Elvira e María foron as outras goleadoras dun partido que se foi para terras de Melide.

A vindeira semana as costeiras visitan a difícil pista do Troula en Betanzos.

f t g