Copyright 2019 - Fisober FSF

10-11-2018 20:00

Player statistic

    14' Saray
    18' Kenny
    47' Paula
    48' Sharay

Additional information

Arbitros
Pablo Bouzas
Crono
Iván Vidal

VEDRA : Laura, Natalia, Vane, Bea , Vero ; tamén xogaron : Ainoa, María, Rebe, Iria.

FISOBER B : Naira, María Maroñas, Saray, Uxía, Sharay ; tamén xogaron : Andrea, Serena,Kenny, Paula Fandiño.

ÁRBITRO : Pablo Bouzas, CRONO : Iván Vidal.

GOLES : 0-1 min 14 Saray, 0-2 min 18 Kenny, 1-2 min 22 Vero, ( descanso ), 2-2 min 47 Vero, 2-3 min 47 Paula Fandiño, 2-4 min 48 Sharay.

Partido correspondente a 6 ª xornada de liga na Primeira Galicia-Liga Provincial disputado o sábado no P. Municipal de Vedra.

Por fin chegou a primeira vitoria da tempada para un filial que viña mellorando e adaptándose nas últimas semanas, aínda que o do sábado non foi o seu mellor partido, nun partido moi igualado e cun tempo para cada equipo.

Comezou ben o filial costeiro, cun bo ritmo e dinámica. Dominando o partido na busca de algo positivo.

Comezaban a chegar as primeiras ocasións pero sen demasiado perigo. Co paso dos minutos foise adaptando máis o conxunto costeiro.

Ata que os catorce minutos Sharay loitou un balón ata a liña e deixoulla a pracer a Saray para facer o primeiro gol visitante.

O segundo chegou un minutos despois cunha combinación entre Paula Fandiño e Kenny que finalizou con gol desta última.

Eran os mellores minutos visitantes aínda que as locais tamén poñían a proba a Naira. E así Vero cun gran lanzamento a reviravolta facía o dous a un.

Aínda puido aumentar diferenzas Kenny antes do tempo de lecer pero o seu disparo escapouse por pouco.

A volta de vestiarios todo trocou, as locais estiveron mellor e as visitantes relaxáronse un pouco.

Comezaron a chegar as ocasións locais cunha Naira inspirada na portería visitante. O filial chegaba a contra pero recibía moito perigo local que estrelaron dous balóns no pau.

E tanto foi o balón a portería, que Vero igualaba a tres para o fin. E nese momento espertou o filial , primeiro cun zarpazo de Paula Fandiño para poñer en vantaxe as súas. E logo cunha contra de Sharay Caamaño para poñer o definitivo dous a catro e traer a primeira vitoria para a Costa por fin.

A vindeira semana toca derbi en Dumbría fronte o Amarelle Santa Comba cheo de ex xogadoras do Fisober.

Suplentes:

f t g