Copyright 2019 - Fisober FSF

08-12-2018 19:00
Restollal

Player statistic

    12' Saray
    25' Uxia

Additional information

Arbitros
Beatriz Pazos
Crono
Vanesa Varela

VILLESTRO: Belén, Carla, Noa, Lidía, Rocío ; tamén xogaron : Paula, Raquel, Aurora.

FISOBER B: Naira, Saray, Uxía, Serena, Sharay ; tamén xogou : Lucía Martínez.

ÁRBITRO : Beatriz Pazos , CRONO: Vanesa Varela.

GOLES: 1-0 min 6 Carla, 2-0 min 8 Aurora, 3-0 min 11 Aurora, 3-1 min 12 Saray, 4-1 min 14 Raquel, 5-1 min 15 Paula, ( descanso ), 5-2 min 25 Uxía, 6-2 min 33 Noa, 7-2 min 36 Rocío, 8-2 min 40 Carla, 9-2 min 43 Noa.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. do Restollal en Santiago correspondente a xornada 8ª da Liga Primeira Galicia – Liga Provincial aprazado no seu día pola humidade.

A pesares do abultado do resultado moi bo traballo do filial que viaxaba con tan solo un troco , cheo de infantiles e con Lucía Martínez que debutaba na categoría, ante un rival que vai segundo na categoría e que non coñece aínda a derrota.

O partido comezou co dominio do Villestro e as costeiras tentando capear o temporal, cunha moi boa defensa.

Ata que os seus minutos unha ex do Fisober como Carla era a que abría o electrónico. Neses minutos as costeiras pagaron a súa xuventude e as locais colocáronse tres a cero.

Pero xusto despois do terceiro tras sacar de centro a infantil Saray tirou de casta e calidade e cunha xogada individual apareceu ante Belén para poñer o primeiro tanto do filial.

Despois dous novos goles locais por parte de Raquel e Paula fixeron o cinco a un co que se chegou o tempo de lecer.

A volta de vestiarios o filial sacou a súa casta a pesares das dificultades para competir o partido. Na primeira xogada desta segunda metade unha combinación entre Saray e Uxía terminou con gol desta última.

O inicio da segunda metade foron os mellores minutos do filial no partido, poñendo en apuros ao Villestro mentras lle duraron as forzas.

Cando as locais lograron o sexto por mediación de Noa, viñeronse un pouco abaixo as costeiras que estaban xa a pagar o gran esforzo de ir tan xustas de efectivos e arreón a saída de vestiarios.

Nos últimos minutos chegaron tres novos goles locais obra de Rocío, Carla e Noa redondearon o electrónico.

Aínda así gran traballo das rapazas do Fisober que o deron todo a pesares das dificultades.

A vindeira semana toca iniciar a segunda volta coa viaxe a Cruces.

Alineación:

Suplentes:

f t g