Copyright 2019 - Fisober FSF

01-12-2018 15:00
I.D. O Conco

Player statistic

Paula 12'    
Kenny 29'    
Andrea 36'    
Serena 40'    

Additional information

Arbitros
Beatriz Pazos
Crono
Melanie Mendoza

RESULTADO : FISOBER B – TCA INSTALACIONES PONTEDEUME: 4-4.

FISOBER B : Naira, Kenny, Andrea, Serena, Myre ; tamén xogaron : María Maroñas, Paula Fandiño, Nuriña.

PONTEDEUME: Marta, María, Allegue, Laura, María Vázquez ; tamén xogaron : Ale, Lidia.

ÁRBITRO:Beatriz Pazos , CRONO : Melanie Mendoza.

GOLES: 0-1 min 4 Laura, 1-1 min 12 Paula Fandiño 1-2 min 12 Laura, 1-3 min 19 Laura, 1-4 min 21 María Vázquez, ( descanso ), 2-4 min 29 Kenny, 3-4 min 36 Andrea, 4-4 min 40 Serena.

Partido correspondente a novena xornada da Primeira Galicia – Liga Provincial disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Saíran os dous equipos tanteandose. No primeiro saque de esquina a favor do filial costeiro un lanzamento de Kenny e o seu rexeite en Andrea a piques estivo de ser o primeiro gol. Pero na contra adiantábanse as visitantes con gol de Laura.

Co gol as de Pontedeume sentíronse cómodas e dominaban o partido con ocasións. Aínda así o filial costeiro tiña ocasións e Kenny mandaba un balón ao pau.

Quen si igualaba era Paula mediada esta primeira metade cun lanzamento lonxano. Pero pouco lle durou a ledicia ao filial xa que na seguinte xogada de novo Laura adiantaba as visitantes.

Que noutra contra de novo por mediación de Laura poñían o terceiro ao seu favor. Que noutra contra antes de chegar ao tempo de lecer facían o cuarto co que se chegaba a vestiarios.

A volta dos mesmos o filial costeiro saiu doutra forma e apretando máis co cal chegaban as ocasións. E foi Kenny a que marcou aos catro minutos desta segunda metade.

Chegaban as ocasións primeiro de Myre e despois de María Maroñas aínda que o disparo desta chegaba no rexeite a Andrea para marcar o terceiro gol do filial e poñer a tiro o seu equipo, era por certo o primeiro gol de Andrea na categoría.

Seguía apretando o filial e novamente Myre e Paula tiñan boas ocasións para igualar. Unha igualada que chegou a catro do fin cun gol de Serena que poñía as táboas no electrónico.

Nese últimos minutos Myre e Kenny tiveron ocasións para deixar os tres puntos na Costa pero non puido ser.

A vindeira semana non hai xornada de liga , voltando a competición en quince días ca visita a Cruces inaugurando a segunda volta.

f t g