Copyright 2019 - Fisober FSF

15-12-2018 17:00

CRUCES : Lourdes, Cruz, Tania, Silvia, Bego ; tamén xogaron : Sandra, Olivia, Sara, Clara, Erica.

FISOBER B : Naira, Sharay, Lucía Canosa, Uxía, Saray ; tamén xogaron : Andrea, Serena, Lucía Martínez.

ÁRBITRO : Fco Javier Seijo , CRONO : Ignacio Rivas.

GOLES : 0-1 min 15 Uxía, 1-1 min 24 Clara , ( descanso ), 2-1 min 31 Cruz, 2-2 min 46 Lucía Canosa, 3-2 min 49 Bego.

Partido correspondente a 10 ª xornada da Liga Primeira Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P. Vila de Cruces, último partido do ano para o filial.

Dous goles un ao fin de cada periodo por parte local , matou as esperanzas do filial no partido.

Comezou ben o filial en Cruces. Dominando nos primeiros minutos. Pero curiosamente todo trocou tralo gol de Uxía.

As locais subiron a intensidade e as liñas e o filial non foi quen de reaccionar pagando a novatada. Aguntaba o filial a base das paradas dunha gran Naira e algunha saída de presión que as deixaba en boa condición para marcar pero non eran quen de materializar.

Pero cando parecía que ían chegar en vantaxe ao tempo de lecer marcaban as locais por mediación de Clara no rexeite dun saque de esquina.

A volta do segundo tempo o Cruces seguía co seu xogo directo que non foi quen de contrarrestar o xoven filial, e así era Cruz a que facía o segundo gol local.

Naira seguía facendo un gran partido pero xa non chegaban tanto a porta contraría as costeiras.

Nunha gran saída de presión Sharay tiña unha gran ocasión que a porteira desbarataba cunha parada fora do área, coa conseguinte falta que materializaba Lucía Canosa para igualar o partido a catro para o fin. Segue a infantil Lucía Canosa coa súa gran xeira co filial, catro goles en catro partidos.

Decidíronse a ir a polo partido as costeiras asumindo riscos e nunha contra a local Bego no último minuto marcaba para deixar o partido en Cruces.

A vindeira semana non hai liga na Primeira Galicia e o filial non volta a competición ata o 2019 , para recibir o fin de semana do 13 de xaneiro ao 5 Coruña.

Alineación:

f t g