Copyright 2019 - Fisober FSF

12-01-2019 16:00
ID O Conco

Player statistic

Saray 16'    

Additional information

Arbitros
Daniel Blanco
Crono
Iván Vidal

FISOBER B: Naira, Saray, Andrea, Uxía, Sharay ; tamén xogaron : María Maroñas, Serena, Nerea, Lucía Martínez.

5 CORUÑA: Natalia, Rocío, Regina, Sandra, Leny ; tamén xogaron : Katia, Nerea, Ana, Alba, Mel, Patri, Alba Vázquez.

ÁRBITRO: Daniel Blanco , CRONO: Iván Vidal.

GOLES: 0-1 min 8 Sandra, 0-2 min 14 Patri, 1-2 min 16 Saray, 1-3 min 24 Alba, 1-4 min 24 Leny ; ( descanso ), 1-5 min 40 Mel, 1-6 min 45 Mel, 1-7 min 47 Nerea.

Partido correspondente a 11 ª xornada de liga na Primeira Galicia-Liga Provincial disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O 5 Coruña aplicou a súa experiencia e foi moi superior ao filial costeiro que partía con cinco infantiles e dúas cadetes na convocatoria e no que debutaba co Fisober B a infantil Nerea Súarez.

Saían cunha forte presión e moi enchufadas as xogadoras herculinas o que as fixo moi perigosas xa dende o inicio.

Aos dous minutos xa dispuñan dunha moi boa ocasión ante Naira. Os minutos pasaban e a presión visitante continuaba. Aparecían boas ocasións aos seis e sete minutos con sendos envios aos paus por medio de Ana e a fisterrana Leny.

E claro tanto foi o cantaro a fonte que terminou por derramarse no minuto oito cun gol de Sandra.

As visitantes continuaban o seu dominio e as xogadoras do filial intentaban saír con algún que outro contragolpe pero sen inquietar moito a Natalia.

No minuto catorce a visitante Patri facía o segundo gol herculino.

Desta vez non tardou en respostar o filial costeiro e unha xogada tras roubo de Saray aos dezaseis minutos supuña o un a dous no electrónico.

Co gol o filial colleu confianza e comezou a combinar máis e a adaptarse o partido. Aínda que as herculinas seguían a dominar, as costeiras non sufrían tanto , sendo quen de ter algunha que outra ocasión a contra como un lanzamento de Sharay e outro de Serena que non acadaron o seu obxectivo.

E cando parecía que se ía chegar con ese resultado ao tempo de lecer dous goles nos últimos segundos da primeira metade mataron definitivamente o partido. Primeiro Alba e pouco despois a fisterrana Leny poñían o un a catro no marcador que foi un duro golpe para a fráxil moral costeira.

A volta dos vestiarios todo continuaba igual , sendo no primeiro minuto xa Regi a que se atopaba co pau costeiro.

Pasaban os minutos e o partido perdía ritmo , pero o dominio seguía a ser visitante ante un equipo local moi tocado na moral polos dous goles psicolóxicos sufridos.

Dous goles de Mel nos minutos corenta e corenta e cinco e o definitivo de Nerea a tres para o fin pecharon o triunfo herculino.

A vindeira semana o filial visita ao Melide.

f t g