Copyright 2019 - Fisober FSF

19-01-2019 18:00
PM Melide

Additional information

Arbitros
Ignacio Rivas
Crono
Lucía Blanco

MELIDE : Xanaia, Carla, Andrea, María, Elisa ; tamén xogaron : Carmen, Inés.

FISOBER B : Sharay, Kenny, María Maroñas, Uxía, Saray ; tamén xogaron : Serena, Andrea, Lucía Martínez, Nerea,

ÁRBITRO : Ignacio Rivas , CRONO : Lucía Blanco.

GOLES : 0-0.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. de Melide correspondente a 12 ª xornada de liga na Primeira Galicia-Liga Provincial.

O filial costeiro acadou un valioso e imortante punto nun disputado partido no que o traballo defensivo, a actuación de Sharay, os paus e a sorte se alinearon a favor das xóvenes xogadoras costeiras.

Viaxaba o filial con cinco infantiles, dúas cadetes e coa infantil Sharay que polas baixas debeu pasar da pista a portería, na que fixo unha excelente actuación deixando a porta a cero.

Comezaba o partido con tranquilidade e sen moito ritmo, pero coas locais máis incesivas con balón.

Creaban perigo xa as melidenses dende o primeiro minuto pero entre Sharay e as súas compañeiras traballaban para non recibir gol.

Co paso dos minutos as cousas non trocaban dominio e ocasións locais pero sen resultado. As locais incluso se toparon co pau cando non aparecía Sharay.

Co resultado de igualada a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios as locais deron un paso máis na súa presión, complicando aínda máis as costeiras se cabe.

Aparecían cada vez máis ocasións para o Melide pero entre Sharay, os paus e a falla de puntería local a porta costeira seguía sen ser perforada.

Co paso dos minutos o Melide desesperaba un pouco máis vendo que non atopaba o gol e as costeiras gañaban en confianza pero sen crear apenas perigo en ataque.

O Melide xa a desesperada buscaba o gol co xogo de cinco xa nos últimos minutos adiantando a Xanaia, pero seguían sen atopalo.

Un par de paradas de Sharay e o seu lanzamento lonxano asustaron un pouco as locais.

Chegandose ao fin do partido co extrano resultado gafas, a pesares das moitas ocasións locais, pero as costeiras traballaron ata o fin para levarse algún punto no seu casilleiro e o traballo ao fin tivo seu froito.

f t g