Copyright 2019 - Fisober FSF

27-01-2019 17:00
ID O Conco

Additional information

Arbitros
Beatriz Pazos
Crono
Lucía Blanco

FISOBER B: Naira, Saray , María Maroñas, Kenny, Sharay ; tamén xogaron : Nerea, Serena, Uxía, Lucía Martínez, Andrea, Myre .

TROULA : Fany, Silvia, Ana, Andrea Amil, Andrea Vázquez ; tamén xogaron : Anabel, Olalla, Lucía, Laura, Olaya.

ÁRBITRO : Beatriz Pazos, CRONO : Lucía Blanco.

GOLES : 0-1 min 18 Saray en p.p. , 0-2 min 19 Andrea Amil,( descanso ) 0-3 min 23 Andrea Vázquez, 0-4 min 23 Silvia.

Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 13 ª xornada de liga na Primeira Galicia – Liga Provincial.

Arrancou moi forte o Troula creando ocasións ante unha Naira inspirada. Namentras para o filial Kenny era a xogadora máis incisiva.

Despois dunha boa ocasión visitante nun saque de banda , a contra local por medio de Kenny cun pase a Uxía era desbaratada pola porteira visitante.

E novamente despois desta vez dun saque de esquina visitante outra gran ocasión con actuación de Naira que lanza a contra e novamente Uxía que tiña unha gran ocasión.

Foron os mellores momentos do filial cunha Saray que creaba moito perigo.

Pero cando quedaban dous minutos para finalizar a primeira metade nunha contra a sorte era esquiva co filial e Saray facía o primeiro para as betanceiras en propia porta.

E case sen asimilar o primeiro gol visitante chegaba o segundo obra de Andrea Amil.

Antes do fin unha ocasión para cada bando pero co cero a dous chegouse o tempo de lecer.

Na volta dos vestiarios apretaba máis o Troula e Serena tiña a primeira ocasión do filial na segunda metade.

E de novo o comezo desta segunda metade chegaban dous goles case seguidos para o Troula que practicamente mataba o partido co cero a catro.

As opcións do filial eran a contra, primeiro para Uxía novamente, despois para Kenny e finalmente de novo Uxía.

O partido remataba con dúas boas ocasións visitantes e cun tiro ao pau das betanceiras.

A vindeira semana o cadro costeiro visita ao Atletes de Esteiro no que será un derbi costeiro.

f t g