Copyright 2019 - Fisober FSF

09-02-2019 16:00
ID O Conco

Player statistic

Serena 13'    
Nerea 19'    
Paula 23'    
Nerea 37'    

Additional information

Arbitros
Daniel Blanco
Crono
Menaline Escalona

FISOBER B : Naira, María Maroñas, Andrea, Kenny, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Serena, Lucía Canosa, Nerea.

VEDRA : Laura, Ainoa, Vane, Bea, Irene ; tamén xogaron : María , Noemi.

ÁRBITRO : Daniel Blanco ; CRONO : Melanie Escalona.

GOLES : 1-0 min 13 Serena, 2-0 min 19 Nerea, 3-0 min 23 Paula Fandiño, ( descanso ) , 4-0 min 37 Nerea, 4-1 min 39 Irene.

Partido correspondente a 15 ª xornada de liga na Primeira Galicia- Liga Provincial disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Por fin volveu a caer un triunfo nas pernas do filial despois de acariñalo nas últimas semanas.

Saía con presión alta o filial costeiro e o Vedra esperaba en media pista. As primeiras ocasións claras eran para as visitantes a contra. Unha cun disparo dende fora do área e outra cun remate dentro do área que desviaba Naira.

Froito desa presión alta do filial Serena rouba un balón para marcar o primeiro gol local mediada a primeira metade.

O Vedra aumentou o seu ritmo de xogo pero outro roubo do Fisober B neste caso da infantil Nerea , remataba co segundo gol local despois de que a infantil definira para poñer máis marxe no electrónico.

O filial quería máis e nun pase ao espazo Serena rematou de calcaño con moito perigo. Tamén o intentou Paula Fandiño pero o seu tiro foi desviado pola porteira visitante. Unha Paula Fandiño que a falla de dous minutos despois dunha gran xogada individual poñía o terceiro local.

O Vedra respostaba cun pase ao pivot que tamén remata de calcaño con moito perigo. Remataría a primeira metade cunha ocasión de Serena despois do rexeite a un tiro de Nerea.

Volvían dos vestiarios ambos conxuntos e sería cunha ocasión a prol das visitantes. Respostaba o filial cunha ocasión de Nerea a pase de Kenny. Unha Kenny que tamén gozaba da súa oportunidade que paraba a porteira.

Despois chegarían dous lanzamentos o pau, primeiro para as visitantes e a resposta por parte de Lucía Canosa e no rexeite tampouco era quen de marcar Andrea.

E mediada esta segunda metade aproveitaba novamente a infantil Nerea para facer o seu dobrete particular.

Non tardou en respostar o equipo visitante por mediación de Irene para facer o catro a un definitivo.

Case voltan a reducir diferenzas as visitantes pero Naira paraba o remate de cabeza. Respostou o filial cun novo lanzamento ao pau desta vez de Paula Fandiño e cunha boa ocasión de Kenny.

Había ocasión para os dous equipos co partido volvendose un pouco tolo, Serena tería a do filial.

Dúas novas ocasións de Paula Fandiño e Serena puxeron fin ao partido, con triunfo do filial e con dobrete da infantil Nerea.

A vindeira semana toca visita ao Amarelle Santa Comba.

f t g