Copyright 2019 - Fisober FSF

16-02-2019 18:30
PM Fontenla

Additional information

Arbitros
Ivan Vidal
Crono
Vanesa Varela

AMARELLE : Nerea, Alba , Tania, Uxía, Nuria ; tamén xogaron : Aroa, Paula, Violeta, Carla, Elsa, Carla, Leticia, Andrea.

FISOBER B : Naira, María Maroñas, Kenny, Andrea, Sharay ; tamén xogaron : Nerea, Serena, Saray, Lucía Canosa.

ÁRBITRO : Ivan Vidal , CRONO : Vanesa Varela.

GOLES : 1-0 min 1 Alba, 2-0 min 11 Nuria, 3-0 min 12 Andrea, 4-0 min 18 Carla, ( descanso ), 5-0 min 26 Violeta, 6-0 min 30 Carla, 7-0 min 33 Nuria, 8-0 min 42 Andrea, 9-0 min 45 Alba, 10-0 min 48 Carla.

Partido correspondente a 16 ª xornada de liga Primeira Galicia- Liga Provincial disputado na tarde do sábado no P.M Fontenla de Santa Comba.

O Amarelle Santa Comba amosou o seu potencial e certificou o título de liga ante o filial costeiro que non puido facer frente.

Non podían comezar peor as cousas para o filial xa que un gol no primeiro minuto dunha ex do Fisober coma a xogadora carnotana Alba Cambeiro poñía as cousas moi difíciles.

O segundo gol foi tamén doutra ex do Fisober como a xogadora de Quintáns , Nuria aos once minutos. Tan solo un minuto despois foi outra ex a fisterrana Andrea a que facía o terceiro.

Antes do descanso aínda chegaría o cuarto obra da corcubionesa Carla.

Con catro a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta dos vestiarios seguiron caendo os goles para o conxunto xalleiro e para certificar o título. Violeta, Carla , Nuria, Andrea, Alba e Carla certificaron o resultado e a liga provincial para o Amarelle, ante un xovén filial do Fisober que non puido facer nada.

Ao fin do partido as locais celebraron o título . Coma nota curiosa foi un enfrontamento tamén entre primas María Maroñas para o filial costeiro e Nuria para as xalleiras.

O filial xogará a vindeira semana fronte ao Villestro.

Suplentes:

f t g