

CASTRO: Area, Ana, Verónica, Andrea, Lara ; tamén xogaron : Eva, Iria, Sandra, Rosalía, Jeni, Ale, Patri.
FISOBER: Adriana, Ana, Paula Fandiño , María, Nuriña, tamén xogaron : Barca, Kenny, Laura.
ÁRBITRO: Adrián Pombo, CRONO: Eric Fidalgo.
GOLES:1-0 min 5 Verónica, 1-1 min 12 Paula Fandiño, (descanso) , 2-1 min 21 Lara, 3-1 min 31 Lara, 4-1 min 38 Iria, 5-1 min 39 Iria.
Partido correspondente a xornada 12 ª de Liga Prefrerente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P.M. de Castro Ribeiras de Lea.
Bo partido dun Fisober que chegaba moi xusto de efectivos, con Adriana que tivo que pasar a portería e con Ana entre algodóns, e que se lle foi o encontro por pequenos detalles e nos últimos minutos, ante o líder da categoría que aínda non coñece a derrota.
Saían moi intensos ambos equipos. Xa no primeiro minuto o Castro enviaba un balón ao pau. Pouco despois era a costeira Nuriña a que tiña un man a man ca porteira pero esta desviaba.
No minuto cinco chegaba o primeiro gol local despois dun disparo forte de Verónica para poñer en vantaxe ao líder. Non tardou en respostar o Fisober de novo cunha xogada de Nuriña que enviaba a Barca ao segundo pau facendo intervir a porteira local.
Pouco despois era Kenny a que facía a xogada de novo para Barca pero o seu remate ía dun pau ao outro e non quería entrar a fortuna non sorriu a muxiana. Había ocasións para ambas escadras e de novo Barca se atopaba ca porteira local.
E despois de tanto intentalo por fin despois dunha xogada de Barca o remate de Paula Fandiño igualaba o partido aos doce minutos.
Seguía o partido tolo e o Castro dispuña de varios un para un fronte a Adriana que resolvía con acerto a porteira costeira. O cal respostaba a visitante Laura que cun roubo e un disparo a piques estaba de poñer en vantaxe ao Fisober. E antes de finiquitar a primeira metade un cabezazo de Ana pasaba a rentes do longueiro.
Con igualada iniciase o segundo tempo pero case na primeira xogada adiantábanse as locais por mediación de Lara. Eran malos momentos para o Fisober que vía como Adriana salvaba o terceiro local.
Recompuxeronse as visitantes e reclamaron penalti por unha posible man dunha xogadora do Castro no área aínda que o colexiado non o viu oportuno.
Pouco despois de novo Nuriña dispuña dunha gran ocasión para a igualada. Respostou o Castro con boas ocasións tras saques de esquina que entre Adriana e Barca solventaron.
Mediada esta segunda metade chegaba o terceiro do Castro cunha espectacular vaselina de novo de Lara. Non se rendía o Fisober e primeiro Laura e despois Kenny estiveron a piques de acurtar distanzas.
Un tiro de Ana o pau e un envío de portería a portería de Adriana tamén estiveron preto de ser gol.
Nos últimos dous minutos cas costeiras xa fundidas chegaron os dous goles finais de Iria.
A próxima semana chega a Dumbría o Villalba.
O xoves festivo as xogadoras do Fisober , Nuriña e Kenny foron subcampionas galegas comarcais sub 17 ca selección de A Coruña perdendo a final en Mondoñedo contra Ferrol.