Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

QTY Event Data
Paula 1
Data Event QTY

Additional information

Arbitros
Marcos Pérez e Jose Ángel Vilas
Crono
Francisco Sal

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Ana, Ainho, Noe ; tamén xogaron : Bárbara, Mai, Taibo, Carla, Andrea M., Laura.

AMARELLE : Sandra, Martita, Dolo, Patri, María Gómez; tamén xogaron : Inés, Sheila, Tati, Mónica, Pau.

ÁRBITROS : Marcos Pérez, Jose Ángel Vilas, CRONO : Francisco Sal.

GOLES : 0-1 min 12 Patri, 0-2 min 16 Tati, ( descanso ), 0-3 min 22 Martita, 0-4 min 26 María Gómez, 1-4 min 30 Paula Fandiño, 1-5 min 32 Mónica.

Partido correspondente a primeira xornada na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado día 16 nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Moi bo ambiente de público para presenciar por primeira vez na historia un enfrontamento en liga entre o Fisober e o Amarelle, dous equipos con obxectivos moi dispares pero que nesta tempada compartirán grupo na Segunda División Nacional. O Fisober chegaba con catro debutantes na categoría coma Taibo, Carla, Ainho e Andrea M., cas herculinas chegaban dúas ex do equipo local, Patri e Inés. Un enfrontamento no que o Fisober deu a cara ata o segundo gol visitante que foi unha lousa para as costeiras.

O partido iniciábase sen un dominador claro e con dous conxuntos moi nerviosos e ansiosos ante o derbi e o inicio de tempada.

Ningún dos dous equipos tiña o mando e había moito traballo i esforzo sobre a pista. Pasaban os minutos e nada cambiaba.

Mediada esta primeira metade Ainho tiña unha gran ocasión para adiantar no electrónico ao Fisober, o cal respostaba Tati para as herculinas cun lanzamento ao pau.

No minuto 12 unha falta no borde do área, protestada polas locais, foi lanzada por Patri para acadar o primeiro gol visitante. De novo a muxiana Patri coma na final da Copa Deputación de fai 2 anos era decisiva.

A pesar do gol non perdeu a cara o partido o Fisober. A cinco para o fin unha falta era lanzada pola local Noe e tiña que ser Sheila a que salvara baixo paus.

O que si cambiou o partido foi o segundo gol obra de Tati, o gol foi unha lousa moi grande para as locais. Con ese resultado o tempo de lecer.

A volta do descanso un tempraneiro gol da internacional sub 17 por España, Martita aos dous minutos quebrou definitivamente o marcador. Despois disto o partido volveuse un pouco tolo baixo o dominio visitante.

María Gómez facía o cuarto aos catro minutos da reanudación. Foi a local Paula Fandiño a que reduciu diferenzas mediada esta segunda metade para darlle ilusión as locais. Pero pouco lles

durou xa que apenas un minuto despois Mónica facía o definitivo un a cinco co que se chegou o final.

f t g