Copyright 2019 - Fisober FSF

23-09-2017 18:00
P. San Cristobal de Segovia

Player statistic

QTY Event Data
Data Event QTY
1 Noe
1 Mai
3 Paula

Additional information

Arbitros
Jorge González e Luis M. Sánchez
Crono
Laura Criado

UNAMI : Carmen, Laura Gómez, Laura, Marina, Vero; tamén xogaron : Cris, Lau, Eva, Cristina, María, Mónica, Laura Llorente.

FISOBER : Lía, Laura, Paula Fandiño, Mai, Noe ; tamén xogaron : Ainho, Taibo, Bárbara, Andrea.

ÁRBITROS : Jorge González, Luis M. Sánchez , CRONO : Laura Criado.

GOLES : 1-0 min. 3 Laura Llorente, 1-1 min. 8 Noe, 1-2 min. 10 Mai, 2-2 min. 15 Marina, 3-2 min. 18 Laura Llorente, 3-3 min. 18 Paula Fandiño , ( descanso ), 3-4 min.22 Paula Fandiño, 3-5 min.23 Paula Fandiño, 4-5 min. 32 Marina, 5-5 min.33 Marina, 6-5 min.36 Laura Llorente, 7-5 min. 38 Noe en propia porta.

Partido disputado na tarde noite do sábado 23 de setembro no P. San Cristobal de Segovia correspondente a segunda xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV.

O Fisober sobráronlle oito minutos para traerse un resultado positivo da súa visita a terras segovianas onde se enfrontaron a un dos favoritos ao título pero finalmente escapouselle as costeiras. O que si tivo o partido foi moitos goles e moito traballo para as porteiras costeiras.

O partido iniciouse mal para as costeiras xa que despois dun erro na saída da presión Laura Llorente adiantaba as locais.

Respostaba Noe aos oito minutos cun gol despois dunha xogada ensaiada o lanzamento dun saque de esquina.

Tan solo dous minutos despois un roubo de Mai e un rexeite poñían en vantaxe ao Fisober no electrónico. Pero cinco minutos despois foi a local Marina a que volvía a igualar o tanteador cun lanzamento de falta.

De novo era Laura Llorente dende a posición de pivote a que adiantaba as súas no minuto dezaoito aínda que no mesmo minuto Paula Fandiño cun lanzamento lonxano sorprendía a porteira para empatar un partido que chegou con tres a tres o tempo de lecer.

A saída dos vestiarios foi moi boa polas visitantes, cunha Paula Fandiño que os dous minutos adiantaba as súas de falta e tan solo un minuto despois con outro tiro lonxano poñía o tres a cinco para as costeiras.

A xogada chave puido ser pouco despois cando Bárbara tivo o tres a seis nas súas botas pero non logrou materializala.

As locais non se renderon e as visitantes comezaron a notar o esforzo do partido e do viaxe. Marina no minuto 32 e no 33 con sendos tiros igualaba o partido.

Un partido que se lle escapaba o Fisober cun novo gol de Laura Llorente no minuto 36 que adiantaba as locais.

O partido decidíase cun rexeite en Noe para o sete a cinco que xa foi definitivo a dous para o fin.

A vindeira semana chega a Dumbría o Chiloeches nun novo partido de Liga.

Alineación:

Suplentes:

f t g