Copyright 2019 - Fisober FSF

21-10-2017 19:30
P. M. de la Luz

Player statistic

QTY Event Data
Data Event QTY
1 Bárbara
1 Paula
1 Ainho

Additional information

Arbitros
Jose Luis Alonso e Miguel Sanchez
Crono
Miguel Jarque

TRES CANTOS : María, Marta, Bea, Sonia, Marina; tamén xogaron : Vane, Alba, Beatriz, Patri, Moni, Vero, Carmen.

FISOBER : Lía, Carla, Mai, Paula Fandiño, Mai ; tamén xogaron : Bárbara, Andrea M. , Taibo, Ainho, Noe.

ÁRBITROS : Jose Luis Alonso, Miguel Sánchez ; CRONO : Miguel Jarque.

GOLES : 0-1 min. 7 Bárbara, 1-1 min. 14 Vane ; ( descanso ) , 1-2 min. 35 Paula Fandiño, 1-3 min. 37 Ainho, 2-3 min. 39 Marta.

Partido correspondente a sexta xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde noite do sábado no P. M. de la Luz da localidade madrileña de Tres Cantos.

Por fin chegou a desexada primeira vitoria para o Fisober e como case sempre tivo que chegar a domicilio onde sole conseguilo o cadro costeiro nesta xa a súa quinta tempada na categoría de Prata do fútbol sala feminino nacional. Chegou despois de desperdiciar numerosas oportunidades e con sufrimento dentro do último minuto para que tivera mellor sabor.

Arrancou moi ben o Fisober e con gran número de ocasións. Tivo que ser Bárbara a que aos sete minutos puxera as costeiras en vantaxe.

Pero non foi quen o Fisober de aumentar diferenzas a pesares das ocasións. Nunha das poucas ocasións locais Vane facía a igualada.

Tentouno o Fisober ata o tempo de lecer pero non foi quen de desfacer a igualada.

Na segunda metade mantívose o guión. Con moitas ocasións para as costeiras. Incluso un tiro de Noe petou nos dous paus, paseouse pola liña e non quixo entrar. Parecía que a vitoria se lles ía escapar de novo o conxunto de Fran Toba.

Pero a falla de cinco minutos Paula Fandiño poñía en vantaxe as visitantes. E pouco despois Ainho facía o seu primeiro gol na categoría facendo xustiza no electrónico e dando un punto de tranquilidade o Fisober.

Ainda así un gol no último minuto visitante fixo sufrir e moito a un conxunto costeiro que tivo que loitar ata o fin para levarse estes importantes tres puntos. Gran esforzo e traballo dun Fisober que por fin vio recompensa a outro longo viaxe.

A vindeira semana chega a Dumbría o filial do Majadahonda.

Alineación:

Suplentes:

f t g