Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 6'    
Carla 33'    

Additional information

Arbitros
Borja Pérez e Rubén García
Crono
Xurxo Ameneiro

FISOBER : Lía, Ainho, Ana, Mai, Paula Fandiño, tamén xogaron : Carla, Taibo, Noe, Bárbara, Nuriña, Andrea M. .

MAJADAHONDA “B” : Isa, Anita, Peque, Kamy, Mimi ; tamén xogaron : Ana, Alba, Rakel, Inma, Yiyi.

ÁRBITROS : Borja Pérez , Rubén García ; CRONO : Xurxo Ameneiro.

GOLES : 0-1 min. 2 Peque, 1-1 min. 6 Paula Fandiño, ( descanso ), 2-1 min. 33 Carla, 2-2 min. 39 Peque.

Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a sétima xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV.

Partido moi igualado cheo de ocasións, emoción e ritmo no que o Fisober sumou por segunda semana consecutiva acadando os seus primeiros puntos coma local. No que puido gañar calquera aínda que as locais estiveron a pouco máis de un minuto de lograr a vitoria. Un gol visitante ao inicio e outro ao final chafaron as ilusións costeiras.

Non arrancaron nada ben as cousas para as locais, xa que unha perda na saída do balón fixo que se aproveitara a visitante Peque para poñer en vantaxe as súas con pouco máis de un minuto de xogo.

Tentou recompoñerse o conxunto costeiro despois do mazazo inicial e foino facendo co paso dos minutos

O gol da igualada costeira foi cunha xogada de Paula Fandiño que mandou axustando o pau da portería visitante aos seis minutos de xogo.

O Fisober seguiu buscando o gol que as adiantara no electrónico e as visitantes saíndo en perigosas contras, pero o resultado non cambiaba.

Nos últimos minutos da primeira metade chegaron boas ocasións locais por parte de Noe e de Bárbara.

Co resultado de un a un chegouse o tempo de lecer.

O inicio da segunda metade a visitante Rakel tiña unha boa ocasións. Aínda que o Fisober sentiuse máis cómodo na pista a volta de vestiarios non podía confiarse xa que as madrileñas eran moi perigosas.

Mediada esta segunda metade chegaron uns minutos tolos no que calquera dos dous equipos puido marcar pero ninguén o fixo. Bárbara e Taibo tiveron as mellores ocasións para as locais.

Pero chegado o minuto trinta e tres de partido Carla era a máis lista e aproveitaba un erro para poñer en vantaxe ao cadro local. Por certo o seu primeiro gol na categoría.

Con pouco máis de tres minutos por xogar arriscaron as madrileñas co xogo de cinco. Un par de veces roubou o Fisober no xogo de cinco pero nin Noe, nin Paula Fandiño acertaron ca portería contraria nos lanzamentos lonxanos.

Cando faltaba pouco máis de un minuto de novo Peque marcaba para poñer o dous a dous que foi definitivo.

O gol fixo moito dano as locais que pasaron apuros no último minuto. En definitiva un partido que se puido levar calquera e que finalizou cun empate que se pode considerar xusto polo traballo de ambos conxuntos.

A vindeira semana a liga sufre parón así que a volta as pistas será dentro de dúas semanas na difícil pista do invicto San Fernando.

f t g