Copyright 2019 - Fisober FSF

11-11-2017 19:30
P. Municipal de San Fernando de Henares

Player statistic

    5' Ainho

Additional information

Arbitros
Héctor Mayo e Carlos Panadero
Crono
Patricia de Diego

SAN FERNANDO: Lara, Jenni, Kiki, Andy, Patri; tamén xogaron : Marta V. , Irene, Sofía V., Alba, Coca.

FISOBER: Lía, Laura, Bárbara, Ana, Paula Fandiño ; tamén xogaron : Mai, Ainho, Carla.

ÁRBITROS : Héctor Mayo , Carlos Panadero ; CRONO: Patricia de Diego.

GOLES : 0-1 min. 5 Ainho, ( descanso ), 1-1 min. 25 Sofía Valero.

Partido correspondente a oitava xornada de Liga de Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado no P. Municipal Justo Gómez Salto da localidade madrileña de San Fernando de Henares.

O Fisober trouxo un puntiño da súa visita a terras madrileñas ante un complicado conxunto coma o San Fernando que aínda permanece invicto na competición. De esta maneira son xa tres xornadas das costeiras sen perder. Puntos moi traballados por un Fisober que tivo que aplicarse para volver a casa con algo no seu peto.

Partido moi disputado sen un dominador claro, na que os dous equipos tiveron boas fases. O inicio foi local aínda que non con demasiadas ocasións.

Os tres minutos un erro das costeiras propiciou un libre indirecto para as locais que detivo Lía. Neses primeiros minutos tivo que aparecer Lía un par de veces máis.

Todo trocou cando os cinco minutos unha contra do Fisober rematou cun zurdazo a esquina de Ainho que poñía o cero a un no electrónico.

O gol tranquilizou o Fisober que alternaba presión a saída do balón ou esperar o rival a media pista. Tivo o segundo Bárbara mediada esta primeira metade pero a porteira local desbaratou a contra das costeiras.

Pareceu que este gol espertou as locais que deron un paso adiante e fixeron suar ao Fisober que tivo que traballar arreo.

Si superaban o gran traballo defensivo do Fisober aparecía Lía en última instancia para deixar a portería a cero. Coca ou Andy tiñan as mellores ocasións visitantes.

Con cero a un chegouse o tempo de lecer.

Arrancou a segunda metade e a primeira ocasión foi visitante por mediación de Paula Fandiño. Nesta segunda metade as madrileñas comezaron a ser moi perigosas no balón parado.

Froito disto aos cinco minutos da reanudación Sofía Valero lograba a igualada despois dun saque de esquina cunha gran volea.

As locais tomaron folgos e ilusión e buscaron sorprender as costeiras. Pero non superaron o entramado defensivo visitante.

Mediada a segunda metade Carla tivo unha gran contra pero non puido superar a porteira local.

Os minutos foron pasando e o resultado seguía sen alterarse. Co cal as locais foron ambiciosas e a pouco máis de dous minutos decidiron arriscar co xogo de cinco a pesares da igualada.

O Fisober defendío ben esta situación e incluso tivo dúas moi boas ocasións, unha da porteira Lía que a piques estivo de marcar e outra de Ainho cunha vaselina que bicou o trabe a corenta e cinco segundos do final.

Pero aínda non estaba todo o peixe vendido xa que a vinte segundos do fin nunha embarullada xogada e cun batiburrillo no área case se levan o partido as locais cun balón que incluso petou no pau. Aínda que finalmente o partido rematou con empate.

A vindeira semana o Fisober ten outro partido a domicilio cun derbi fronte o Cidade de Pontevedra.

Alineación:

Suplentes:

f t g