Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 1'    

Additional information

Arbitros
Yago Seijas, Rubén Vieito
Crono
María López

Partido correspondente a 26ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, María Dumbría, Nuriña ; tamén xogaron : Andrea M. , Mai, Ainho, Carre, Taibo, Carla.

GUADALAJARA : Eli, Virginia, Elisa, Valeria, Rocío ; tamén xogaron : Jessi, Itziar, Patri, Sara.

ÁRBITROS : Yago Seijas, Rubén Vieito ; CRONO : María López.

GOLES : 1-0 min. 1 Paula Fandiño , ( descanso ), 1-1 min. 37 Elisa.

O Fisober estivo a piques de lograr a primeira vitoria coma local esta tempada pero a sorte e a falla de puntería ante o gol na primeira metade e un gol nos últimos minutos de partido impedíronllo.

Non puideron comezar mellor as cousas para as locais xa que aos oito segundos de partido un potente lanzamento lonxano de Paula Fandiño poñía o primeiro gol no electrónico.

O gol deulles tranquilidade as costeiras que dominaron con solvencia e claridade a primeira metade.

Acumulando ocasións unha tras outra pero sen lograr materializalas. A falla de puntería leva penalizando as costeiras toda a tempada. Carla, Paula Fandiño, Ana ou Taibo entre outras gozaron das mellores ocasións.

Pero do que puido ser un resultado cómodo o tempo de lecer, foi finalmente un pírrico un a cero co que se foron a vestiarios.

Na segunda metade as alcarreñas apretaron o acelerador na busca da igualada. E o guión do partido cambiou e as de Adri Martiño aproveitaron que chegaran vivas ao descanso e melloraron nesta segunda metade. O dominio pasou a ser visitante despois do paso por vestiarios.

Aínda así as costeiras aguantaban o marcador. Co cal as visitantes decidiron arriscar co xogo de cinco nos últimos minutos.

E a pouco máis de dous minutos lograron a igualada cun gol de Elisa. Un resultado co que se chegou o fin do partido.

A vindeira semana toca visitar o domingo ao Colmenarejo da ex do Fisober , Eva Lema, segundo clasificado.

Alineación:

f t g