Copyright 2019 - Fisober FSF

05-05-2018

Player statistic

QTY Event Data
Data Event QTY
1 Taibo
1 Ainho

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Nuriña, Ana, Mai ; tamén xogaron : Andrea M., Ainho, Carla, Taibo.

GOLES : 1-0, ( descanso ), 1-1 Taibo, 2-1,3-1,4-1,4-2 Ainho, 5-2.

Partido da Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da 27ª xornada o Fisober visitaba a pista madrileña do Colmenarejo. O partido disputouse o domingo día 6 de maio a partires das 12:45 horas no Príncipe de Asturias da localidade madrileña.

O Fisober fixo un bo encontro na pista do segundo clasificado e a falla de nove minutos para o fin do partido o resultado era de igualada a un tanto. Pero despois de tanto traballo as forzas comezaron a escasear e foi cando se decidíu o partido nos últimos minutos. Aínda así gran esforzo das costeiras.

Despois dunha primeira metade na que o gran esforzo defensivo visitante fixo , que tan solo foran quen de marcar as locais de dobre penalti cando tan solo faltaba minuto e medio para o fin da primeira metade. Chegouse o tempo de lecer co resultado de un a cero.

A volta de vestiarios as costeiras acadaron igualar o partido por medio de Taibo despois dunha gran combinación do Fisober .

O Fisober estaba dando unha boa imaxe coma xa o fixera na primeira volta fronte as madrileñas, segundas clasificadas e que se están a xogar unha praza na promoción de ascenso.

Co segundo gol local as forzas das costeiras comezaron a escasear despois do gran esforzo realizado. Chegando dous novos goles madrileños

Aínda así despois dunha boa presión de Ana e un rexeite , Ainho aproveitaba para facer o catro a dous e apretar o partido.

Que finalizaría finalmente con cinco a dous para as madrileñas que acadaban así conservar a segunda posición.

Polas madrileñas anotaban Yrezábal ata en catro ocasión e Nere. A ex do Fisober a muxiana Eva Lema xogou todo o partido coas madrileñas.

A vindeira semana chega o líder a Dumbría, o Alcorcón B.

Alineación:

Suplentes:

f t g