Copyright 2019 - Fisober FSF

16-09-2018 16:00
P. Municipal de Bembrive

BEMBRIVE : Ana, Laura, Andrea, Antía, Elba ; tamén xogaron : Sabela, Carla, Eva, María, María Rego, Antía Ribeiro, Paula.

FISOBER : Adriana, Nuriña, Paula, Noe, Kenny ; tamén xogaron : Saray, Laura, Sharay Caamaño.

ÁRBITROS : Roberto Pérez ; CRONO : Alejandro Alonso.

GOLES : 1-0 min. 9 Antía Ribeiro, ( descanso ) , 2-0 min. 33 Laura.

Partido correspondente a primeira xornada da Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica Feminina , disputado na tarde do sábado no P.M. de Bembrive nas aforas de Vigo.

Comezaba a rodar o balón na categoría Autonómica e facía co partido disputado entre o Bembrive e o Fïsober como o primeiro da tempada na categoría.

Chegaba a terras olívicas o Fisober cunha praga de baixas cunha convocatoria na que faltaban xogadoras das máis veteranas deste xoven equipo costeiro. Non podía contar Fran Toba con : Ana, Mai, Lía ou María de Dumbría o que fixo que as máis xóvenes tiveran que acaparar protagonismo dende a primeira xornada xa. Nunha convocatoria con dúas xuvenis, dúas cadetes e dúas infantís, na que Kenny, Naira, Saray e Sharay Caamaño aparecían por primeira vez nun partido de liga co primeiro equipo. O que amosa a importancia que vai ter a canteira e a base esta tempada no conxunto costeiro.

E deron a cara as máis xóvenes nunha das pistas máis difíciles da categoría e na que o Fisober nunca foi quen de puntuar fronte o primeiro equipo olívico.

As costeiras ben colocadas sobre a pista e cunha boa actuación de Adriana que pasou da pista a portería nesta ocasión, aguantaron o empurre local ata que os nove minutos Antía Ribeiro poñía en vantaxe as locais.

Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

Nunha segunda metade igualada e na que Adriana seguía a ter protagonismo, o segundo cartón amarelo a Noe e a conseguinte inferioridade matou ao Fisober xa que perdía unha xogadora na curta rotación e vía como cando ía rematar dita inferioridade Laura facía o segundo gol local.

Un dous a cero que resultou ser definitivo a postre.

A vindeira semana chega un derbi fronte ao filial do Viaxes Amarelle en Dumbría.

Alineación:

Suplentes:

f t g