Copyright 2019 - Fisober FSF

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Nuriña, María Dumbría, Kenny ; tamén xogaron : Ana, Mai, Adriana, Laura.

AMARELLE B : Aída, Marta, Zaida, Mónica, Nuria ; tamén xogaron : Laura, María .

ÁRBITRO : Borja Pérez ; CRONO : Rebeca Montoiro.

GOLES : Chegouse ao tempo de lecer con igualada a 0 ; 0-1 min 26 María, 0-2 min 36 Mónica.

Partido correspondente a segunda xornada da Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na noite do venres nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober tivo un deses días no que aínda que xogara 24 horas seguidas non acadaría marcar, nun partido no que mereceu máis pero quedou sen premio.

O filial do Viaxes Amarelle chegaba con nova adestradora , María Bardanca e moi xusto de efectivos polo que prantexou un partido repregado atrás e buscando a contra. A súa mellor ocasión foi un lanzamento ao trabe.

O conxunto costeiro tentouno pero non acadou nada, as súas mellores ocasións foron unha de María Dumbría ca porteira descolocada pero non foi quen de anotar. Tamén foi unha boa ocasión un dous para un de Kenny e Ana que esta última enviaba por encima da portería visitante.

Con resultado anteollos chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios todo seguía polos mesmos cauces ata que unha falta lanzada por María adiantaba as visitantes no electrónico.

A raíz do gol o conxunto costeiro seguío intentando a igualada pero co resultado en contra comezou a precipitarse e colgando demasiados balón sen acadar nada de proveito.

Unha contra visitante que rematou con gol de Mónica cando se entraba nos últimos catro minutos complicaba e moito o partido as costeiras.

Tralo segundo visitante nos últimos minutos o conxunto de Fran Toba arriscou co xogo de cinco o que fixo que cas perdidas as visitantes tiveran opcións tamén.

A mellor ocasión foi un segundo pau no que Kenny non puido definir correctamente e un rebumbio no área no que ningunha xogadora local foi quen de acadar o gol. Tamén Nuriña tivo unha moi boa opción.

A vindeira semana tócalles as costeiras visitar a pista do Cidade de Pontevedra.

Alineación:

Suplentes:

f t g