Copyright 2019 - Fisober FSF

29-09-2018 19:00
P. Principe Felipe

Player statistic

    7' Ana
    28' Ana

CIDADE : Diana, Laura, Leti, Paula, Nair ; tamén xogaron : María, Heba, Allyson, Mar, Sandra, Ana.

FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, Adriana, Nuriña ; tamén xogaron : Kenny, Noe, Saray.

ÁRBITRO : Jose Moledo , CRONO : Alba Vázquez.

GOLES : 0-1 min 7 Ana, 1-1 min 18 Nair, ( descanso ), 2-1 min 23 Allyson, 2-2 min 28 Ana, 3-2 min 31 Heba, 4-2 min 39 Nair.

Partido correspondente a terceira xornada da Liga Preferente Galicia disputado no P. Principe Felipe de Pontevedra na tarde do sábado e que enfrontou ao Cidade de Pontevedra e ao Fisober.

O Fisober fixo o seu mellor partido no que vai de Liga pero de novo se lles escapou o partido polos pequenos detalles e por non saber aproveitar as oportunidades cando estiveron en vantaxe. Tres goles de falta foron demasiado castigo para as costeiras que mereceron máis.

Na primeira metade o conxunto costeiro foi superior e creou moitas superioridades, pero solo acertou cun gol de Ana aos sete minutos.

Co resultado a favor non foron quen de aproveitar para coller máis vantaxe nestes minutos nos que tódalas xogadoras costeiras gozaron da súa oportunidade de gol.

Pero todo se esmoreceu cando a dous minutos do tempo de lecer Nair marcaba de falta ao borde do área. Co que todo o traballo da primeira metade se quedou en igualada.

A volta dos vestiarios as locais subiron a presión compricando máis o partido , e chegou un novo mazazo cando Allyson marcaban o pouco de comezar o segundo local despois dunha contra de varios rexeites.

Non se descompuxo o conxunto visitante e de novo a capitana Ana igualaba o partido no minuto 28. Co gol chegaron un par de minutos bos das costeiras nas que puideron adiantarse no electrónico pero non foron quen.

E como di o refrán quen perdoa , as paga e unha nova falta puxo en vantaxe as locais desta vez a lanzamento de Heba.

O definitivo catro a dous chegou a pouco máis dun minuto do final desta vez de dobre penalti por mediación novamente de Nair.

A vindeira semana chega a Dumbría o Terra de Celanova.

Alineación:

Suplentes:

f t g