Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Ana 3'    
Ana 4'    
Ana 10'    
Mai 17'    
Maria 27'    

Additional information

Arbitros
Pablo Bouzas
Crono
Ignacio Rivas

FISOBER : Lía,  Ana, Nuriña, Kenny , Paula Fandiño  ; tamén xogaron : Adriana, Laura, María Dumbría, Mai.

CELANOVA : Marta, Nerea, Vane, Aldara, Noe ; tamén xogaron : Lucía, Alessia, Lucía Martínez, Paloma, Mónica, María, Belén.

ÁRBITRO : Pablo Bouzas ; CRONO : Ignacio Rivas.

GOLES : 1-0 min 3 Ana, 2-0 min 4 Ana, 3-0 min 10 Ana, 3-1 min 11 Belén, 3-2 min 17 Belén, 4-2 min 17 Mai,  4-3 min 19 Belén ( descanso ) , 5-3 min 27 María Dumbría, 5-4 min 32 Paula Fandiño p.p. , 5-5 min 34 María.

Partido correspondente a cuarta xornada da Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober por fin abriu a súa cesta de puntos nesta tempada nun partido tolo, cheo de goles  no que sempre foi por diante, no que mereceu gañar,  pero no que lle faltou esa pisca de sorte que o ten de lado nesta tempada, incluso con varias ocasións no último minuto do partido.

Non podía comezar mellor o partido para as costeiras xa que a súa capitana Ana marcaba aos tres minutos. E tan solo un minuto despois a mesma Ana facía o segundo gol local.

Pasaban os minutos e o electrónico non se movía. Ata que de novo Ana facía o seu terceiro particular e na conta do seu equipo aos dez minutos.

Tan solo un minuto perduraba o resultado xa que Belén facía o primeiro visitante no once.

O partido era bo para o espectador que desfrutaba de innumerables goles nesta primeira metade.

No minuto dezasete Belén reducía distanzas e poñía a un as súas pero acto seguido Mai facía o catro a dous local.

Aínda quedaría un gol antes do tempo de lecer obra novamente de Belén para pechar a súa tripla e poñer o catro a tres co que se chegou a vestiarios.

A volta de vestiarios o ritmo seguiu igual pero a potencia anotadora baixou.

De feito ata o minuto sete da segunda metade non voltou a moverse o electrónico desta vez cun gol de María Dumbría para o cinco a tres.

Nestes momentos quizais o Fisober pecou de falta de veteranía e quizais tamén de sorte. Xa que o cinco a catro  foi en propia porta.

E a seis do final María facía o definitivo cinco a cinco.

Aínda así as costeiras non se renderon e tiveron o triunfo no último minuto con tres ocasións clarísimas de Nuriña e Kenny por partida dobre pero o gol non quixo chegar.

A vindeira semana a Liga descansa e a seguinte xornada de liga será novamente coma locais fronte ao Fervenza B.

Alineación:

Suplentes:

f t g