Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 9'    
Mai 37'    

Additional information

Arbitros
Jorge Fenandez
Crono
Esteban Botana

FISOBER: Adriana, Paula Fandiño, Ana, Nuriña, Kenny ; tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Uxía.

FERVENZA B: Clara, Sofía, Alba, Blanca, Claudia , tamén xogaron : Tania, Julia, María.

ÁRBITRO : Jorge Fernández , CRONO : Esteban Botana.

GOLES : 1-0 min. 9 Paula Fandiño, ( descanso ), 2-0 min 37 Mai.

Partido disputado na mañán do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a quinta xornada de liga na Preferente Galicia que enfrontou ao Fisober e o Fervenza B.

Por fin chegou o primeiro triunfo da tempada para o Fisober , non sen sufrimento ante un competitivo filial de A Fervenza.

Comezou o partido co dominio local aínda que as visitantes non pasaban moitos apuros.

Co paso dos minutos foron espertando as locais e as primeiras ocasións apareceron por mediación de Nuriña e Kenny, logo chegou unha dobre oportunidade de Ana.

Ata que aos nove minutos un lanzamento de falta lonxano de Paula Fandiño valía para facer o primeiro gol local.

Co gol abriuse máis o partido e apareceron as dúas porteiras. Paula Fandiño atopábase co pau e Ana tiña unha boa ocasión para as locais, Claudia para as visitantes e Nuriña de novo para as costeiras, nun partido que comezaba a tolear.

Os últimos minutos da primeira metade foron tolos, María de Dumbría e Paula Fandiño tiñan varias ocasións para as locais, mentras que María e Sofía para as visitantes.

Tralo paso por vestiarios saíron as visitantes con outros folgos, pero as locais solventaron o impulso inicial visitante con ocasións de Paula Fandiño, Nuriña e Kenny.

O último cuarto do partido volveu incrementar o ritmo sobre todo cando as locais xogaron ca espada de damocles da quinta falta. Ana enviaba un disparo ao pau novamente e Sofía tiña para as visitantes.

E chegaron os minutos das ocasións de Mai pero o gol non quería entrarlle. Ata que a pouco máis de dous minutos para o fin chegou o seu gol e o segundo do Fisober.

Saíron entón as visitantes co xogo de cinco que puxo en moitas complicacións as locais pero que non logrou o seu obxectivo quedando os puntos en Dumbría. Triunfo traballado para unhas costeiras que viron como as xoves xogadoras rosas as poñían en moitas complicacións.

A vindeira semana toca visita a Bertamiráns fronte ao Meigas.

Alineación:

Suplentes:

f t g