Copyright 2019 - Fisober FSF

27-10-2018 16:15

Player statistic

    22' Paula
    29' Adriana
    30' Nuria
    31' Noe
    33' Paula

Additional information

Arbitros
Pablo Bouzas
Crono
Vanesa Varela

MEIGAS : Myri , Yaiza, Teresa, María, Sara ; tamén xogaron : Sofía, Nerea, Iria, Antía.

FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, Adriana, Kenny ; tamén xogaron : Nuriña, Noe, Carre, Mai, María Dumbría.

ÁRBITRO : Pablo Bouzas ; CRONO : Vanesa Varela.

GOLES : 1-0 min 5 Yaiza, 2-0 min 8 Teresa , ( descanso ), 2-1 min 22 Paula Fandiño, 2-2 min 29 Adriana, 2-3 min 30 Nuriña, 2-4 min 31 Paula Fandiño, 2-5 min 33 Noe.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. de Bertamiráns correspondente a sexta xornada de Liga Preferente Galicia.

O Fisober non fixo un bo partido pero acadou a segunda vitoria consecutiva despois de remontar na segunda metade un dous a cero en contra.

Saiu o Meigas con presión moi adiantada e o Fisober un pouco relaxado, aínda así as primeiras chegadas foron do conxunto costeiro pero sen moita claridade.

As locais saíndo en perigosas contras nun partido que non tiña moito ritmo e con moita interrupción.

Nunha contra local produciuse un penalti que transformou Yaiza para poñer en vantaxe ao Meigas aos cinco minutos.

E tan solo tres minutos despois froito dunha boa presión local Teresa facía o segundo gol local. As costeiras non entraran nada ben ao partido.

Intentaron desperezarse as visitantes pero máis a raíz do balón parado que do xogo, así chegaron algunha vez con perigo pero a porteira local non permetiu moverse o electrónico.

Con ese resultado chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios mellorou a actitude do cadro costeiro. As visitantes melloraron na presión e a intensidade pero cun xogo pouco combinativo.

Aínda así aos dous minutos Paula Fandiño facía o dous a un e poñía ao Fisober novamente no partido.

Pasaron os minutos e o Fisober víase máis preto de igualar. Aínda así tivo que aparecer Lía nalgunha ocasión para desbaratar as locais.

Así no minuto nove desta segunda metade a base de presión e intensidade chegou o segundo visitante obra de Adriana, que facía o seu primeiro gol oficial coa camisola do Fisober.

E tan solo un minuto despois unha boa combinación das costeiras remataba co gol de Nuriña que lle daba a volta ao partido, marcándolle ao conxunto onde estivera cedida.

O Fisober estaba a aproveitar os seus minutos e un minuto despois Paula Fandiño poñía o cuarto na escadra. En tres minutos déralle a volta ao electrónico o conxunto costeiro e poñía o resultado moi ao seu favor.

Pouco despois María de Dumbría levaba un forte golpe na cabeza tendo que ser retirada do partido.

No trinta e tres Noe facía o quinto e poñía un dous a cinco no electrónico, en cinco minutos case sentenciara o partido o Fisober.

Decidiu arriscar entón o Meigas co xogo de cinco pero o Fisober defendeuse ben e o resultado xa non cambiou.

Resaltar tamén a volta as pista co Fisober de Carre despois duns meses. Desexarlle tamén a xogadora de inferiores do Meigas , Malena unha pronta recuperación despois da súa grave lesión nun adestramento.

A vindeira semana o Tui-Valença Futsal visita Dumbría.

Alineación:

Suplentes:

f t g