Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Kenny 3'    
Nuria 22'    
Noe 28'    
Laura 28'    
Ana 36'    

Additional information

Arbitros
Marcos Perez
Crono
Brais Couto

FISOBER: Lía, Adriana, Ana, Paula Fandiño, Kenny ; tamén xogaron : Carre, Laura, Nuriña, Mai, Noe.

TUI : Eva, Bea, Diana, Sofia, Andreia ; tamén xogaron : Pilar , Joana, Laura, Sonia.

ÁRBITROS : Marcos Pérez , CRONO : Brais Couto.

GOLES : 1-0 min 3 Kenny , ( descanso ) , 2-0 min 22 Nuriña, 3-0 min 28 Noe, 4-0 min 28 Laura, 5-0 min 36 Ana.

Partido correspondente a sétima xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober acadaba a súa terceira vitoria consecutiva e a cuarta xornada sumando cun triunfo ante un debutante na categoría como era o Tui Valença Futsal. Dous goles o inicio de cada tempo encauzaron o partido.

Non podían comezar mellor as cousas para o Fisober xa que un gol de Kenny aos tres minutos poñía as costeiras en vantaxe. A cadete Kenny facía así o seu primeiro gol na categoría e tamén co primeiro equipo do Fisober en partido oficial.

No resto da primeira metade xa non se moveu máis o electrónico , chegándose ao tempo de lecer co resultado de un a cero.

Ao inicio da segunda metade foi outra das xovenciñas como é Nuriña a que marcou o segundo e puxo o partido en clara franquicia para o Fisober.

O partido partiuse definitivamente con dous goles no minuto 28. O primeiro obra de Noe e outro de Laura nese mesmo minuto puxeron un catro a cero contundente para as fronteirizas. O gol de Laura supoñía que as dúas irmáns Pose Suárez marcaran gol no mesmo partido , curioso o caso de que Nuriña e Laura acaden gol no mesmo partido liga.

O quinto e definitivo foi obra da capitana Ana poñendo o resultado co que se chegou ao final.

A vindeira semana toca visita A Estrada para o Fisober, xogando nunha das súas pistas malditas.

Alineación:

Suplentes:

f t g