Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 27'    

FISOBER: Lía , Ana, Paula Fandiño, Mai, Nuriña ; tamén xogaron : Carre, María Dumbría, Laura, Adriana, Kenny.

COUTO: Cris, Alba, María, Tere, Lucía ; tamén xogaron : Antía, Nerea, Paula.

ÁRBITRO:Rubén Maña , CRONO: Daniel Blanco.

GOLES: Ao descanso 0-0 , 1-0 min 27 Paula Fandiño.

Partido correspondente a 9 ª xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober voltou a senda do triunfo fronte a un Couto Ourense que é o rei do empate da categoría con ata cinco igualadas. Nun partido moi igualado a falla de acerto cara ambas porterías fixo que o resultado fora tan exiguo.

Nos primeiros minutos Ana atopouse co pau que impediu o seu gol. Nesta primeira metade o Fisober tivo o dominio do balón durante esta etapa do partido pero o acerto da porteira visitante e a falla de puntería fixo que non se movera o electrónico.

Pola súa banda o Couto Ourense tamén tivo as súas ocasións pero as boas actuacións de Lía fixo que non se movera o marcador.

Con cero a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios o partido continuou co mesmo guión da primeira metade. O equipo local dominaba pero sen chegar a adiantarse. Aínda así a máis clara foi para as visitantes que erraron unha clara ocasión a porta valeira.

Puido adiantarse no electrónico o Fisober cando Paula Fandiño marcaba de falta pero fora do tempo asignado para o saque co que foi anulado.

Aos sete minutos da segunda metade Paula Fandiño finalizaba unha xogada de pizarra para poñer en vantaxe as súas cun gol que a postre foi definitivo.

A porteira visitante freaba unha boa ocasión da capitana local Ana.

Nos últimos minutos as visitantes intentárono co xogo de cinco pero non crearon moito perigo. Quedando os puntos en Dumbría.

A vindeira semana toca visita a pista do Culleredo.

Alineación:

f t g