Copyright 2019 - Fisober FSF

24-11-2018 19:30

Player statistic

    23' Ana

Additional information

Arbitros
Imanol Vázquez
Crono
Juan Rivera

CULLEREDO: Marta, Cristina Rosalía, Rita, Angela, María ; tamén xogaron : Alba, Marta Fra, Ainara.

FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Nuriña ; tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Laura, Kenny.

ÁRBITRO: Imanol Vázquez , CRONO: Juan Rivera.

GOLES :0-0 , ( descanso ) , 0-1 min 23 Ana.

Partido correspondente a 10ª xornada de liga na Liga Preferente Galicia que se ía disputar no P.M. Tarrío pero os problemas de humidade trasladárono antes do inicio do mesmo para o Polideportivo Municipal de Vilaboa. O equipo costeiro foi informado antes de iniciar o viaxe co que non causou ningún prexuizo. Algo que pasou tamén co equipo filial que foi informado do aprazamento do partido antes de iniciar o viaxe, nunha tan problemática tarde pola Costa.

Segunda vitoria consecutiva pola mínima para as costeiras que as instala na zona media da táboa.

Saíron apretando moito as rapazas do Fisober , dispoñendo de algunha ocasión clara despois do roubo tras presión , pero as costeiras non foron quen de materializalas.

A súa vez as locais dispoñían dalgunha que outra ocasión con lanzamentos lonxanos aos que respostaba ben Lía.

Nos últimos minutos da primeira metade o Culleredo subía a liña de presión , conseguindo finalizar dende fora e provocando unha xeira de saques de esquina.

Pero o tempo de lecer chegouse con igualada a cero.

A volta dos vestiarios , o Fisober saiu máis enchufado , cun bo xogo combinativo que lle permitía saír da presión local. Isto combinado con balóns en longo facía que chegaran as ocasións costeiras.

Ana tiña unha gran ocasión cunha peinada que Marta desvíaba in extremis. Pero pouco despois de novo era Ana a que definía no segundo pau unha gran combinación do Fisober para poñer o cero a un no electrónico que a postre foi definitivo.

Co gol as locais espiliron e sacaron forzas de fraqueza para tentar a igualada. Comezaron a apretar aínda máis , compricando moito a saída de balón costeira. As ocasións eran locais agora, sempre con lanzamentos lonxanos os que Lía respostaba con seguridade.

Nos últimos minutos decidiuse o Culleredo polo xogo de cinco. O Fisober defendeu ben ese xogo , incluso contando con algunha ocasión despois de roubo que non foi quen de materializar.

Aínda así o Culleredo tivo dúas grandes opcións de gol antes do fin, unha que sacaba Nuriña no área e outra que remataba con boa intervención de Lía. Rematando o partido con triunfo pola mínima das costeiras.

A vindeira semana chega a Dumbría un dos galos da categoría o Leis Pontevedra.

Alineación:

Suplentes:

f t g