Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Paula 23'    

Additional information

Arbitros
Jorge Fenandez
Crono
Rodrigo Varela

FISOBER: Lía, Paula Fandiño, María Dumbría, Nuriña, Kenny ; tamén xogaron : Mai, Carre, Barca, Adriana.

LEIS: Sara, Patri, Nuria, Ali, Lara ; tamén xogaron : Nerea, Bibi, Ana, Nair.

ÁRBITRO: Jorge Fernández , CRONO: Rodrigo Varela.

GOLES:0-1 min 2 Patri, 0-2 min 11 Lara, ( descanso ), 1-2 min 23 Paula Fandiño, 1-3 min 38 Lara.

Partido da undécima xornada na Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober veu cortada a súa xeira de dous triunfos nesta particular Tourmalet no que entra , ca visita do segundo clasificado e tendo que visitar para a semana ao líder.

No que a mellor noticia foi a volta de Barca Toba a vestir a camiseta do Fisober, algo que non facía dende outubro do 2013 en partido oficial na visita as terras vascas de Ordizia.

Saiu moi enchufado o equipo pontevedrés e froito dese dominio chegou o gol de Patri no segundo minuto de partido.

Entonouse un pouco o equipo costeiro tralo gol pero tamén chegaban as ocasións visitantes.

Mediada esta primeira metade un lanzamento de Lara poñía dous goles de vantaxe para as visitantes.

Tivo unha boa opción de reducir distanzas o Fisober cun lanzamento lonxano de Paula Fandiño. E a falla de catro minutos un lanzamento de falta de Paula Fandiño bicou o longueiro visitante. Tamén Barca tivo a súa opción antes de rematar a primeira metade.

A volta de vestiarios saiu moi enchufado o conxunto costeiro e cambiou o guión, apretando máis o Fisober. Froito diso , un envío de Carre rematado de cabeza por Adriana parabao a porteira pero Paula Fandiño aproveitaba o rexeite para reducir diferenzas.

Voltaron a apretar as visitantes tralo gol pero as costeiras xa estaban máis metidas no partido tamén, chegando as ocasións por ambas escadras.

Un lanzamento de falta de Carre a piques estivo de ser o empate pero o balón foise rozando o longueiro. A resposta visitante era cunha vaselina de Lara.

Logo comezou a ser protagonista Lía acadando que o partido seguira vivo, ata que unha xogada individual e fantasiosa de Lara a pouco máis dun minuto do fin que remataba con gol da mesma de vaselina poñía o un a tres definitivo.

Aínda disporían as locais dun lanzamento de dobre penalti por Paula Fandiño pero foiselle por pouco.

A vindeira semana toca visitar ao líder Castro.

Alineación:

Suplentes:

f t g