Copyright 2019 - Fisober FSF

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Ana, María Dumbría, Nuriña ; tamén xogaron : Carre, Mai, Barca, Adriana, Laura.

VILALBA : Carmela, Paula, Paula Cortiñas, Antía, Aine ; tamén xogaron : Marta, Carolina, Ade, Sabela, Mariña, Akira, Uxía.

ÁRBITRO : Francisco Pena ; CRONO : Beatriz Pazos.

GOLES : 0-1 min 6 Akira, 0-2 min 8 Akira, 1-2 min 17 Adriana, ( descanso ), 1-3 min 22 Carolina, 2-3 min 23 Barca, 2-4 min 34 Carolina.

Partido correspondente a 13 ª xornada de liga da Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Iniciaba o Fisober cunha ocasión despois dun centro de Paula Fandiño e con Ana deixandoa pasar con perigo. Pouco despois unha boa combinación entre Nuriña e Ana acababa cun remate desta última que paraba a porteira.

No minuto seis era a local Adriana a que manda un balón ao pau, e na contra as visitantes gozan dunha boa ocasión que desbarata Lía. Comezaba o Vilalba a ter ocasións en contragolpes.

E así aos seis minutos unha xogada de estratexia despois dun saque de esquina remataba co gol de Akira no segundo pau. Respostaba o Fisober cun roubo de Mai quen era derribada no borde do área. A falta era lanzada por Carre pero a porteira visitante respondía cunha dobre parada.

Un roubo das visitantes no aos oito minutos remataba cun novo gol de Akira que poñía as cousas moi difíciles para as costeiras.

As visitantes sentíanse cómodas na texitura do partido e as locais sufrían. A falla de tres minutos Barca enviaba para Adriana quen se xiraba para marcar o dous a un e darlle esperanza as locais.

Pero o Vilalba reaccionou perfecto con dúas grandes ocasións que salvaba Lía. Chegándose ao tempo de lecer co un a dous.

Saía moi intenso o Fisober dos vestiarios e sucedeu a xogada chave, xa que pasouse dun lanzamento de Barca ao pau que puido supoñer o empate a que na contra as visitantes marcaran por medio de Carolina, poñendo de novo moi compricado o partido.

Reaccionaron as locais tan solo un minuto despois cando tras un lanzamento de Paula Fandiño, Barca desviaba co calcaño para poñer o dous a tres. Despois de tanto buscalo nestes tres partidos volvía a marcar Barca co Fisober máis de cinco anos despois.

Chegaron os mellores momentos do Fisober, creando ocasións e sen dar tregua ao rival pero entre os paus, a porteira visitante e a mala fortuna non chegaba o ansiado gol do empate.

Co equipo emborcado na busca do empate chegou unha contra visitante , un desafortunado esbaron de Mai que deixou as visitantes francas para un novo gol de Carolina.

Ese gol matou o partido e deixou as costeiras moi tocadas que xa non puideron respostar chegándose así ao fin do partido.

A vindeira semana toca a visita ao Gaiola en Santiago no que será o último partido do ano.

Alineación:

Suplentes:

f t g