Copyright 2019 - Fisober FSF

22-12-2018 17:00
Polideportivo do Restollal

Player statistic

    1' Nuria
    25' Paula

Additional information

Arbitros
Rubén Maña
Crono
Melanie Mendoza

GAIOLA: Sara, Marta Sambade, Estela, Raquel, Marta ; tamén xogaron : Bárbara, Eva, Carlota, Antía, Cris.

FISOBER : Lía, Ana, Nuriña, Laura, Adriana ; tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Barca, Paula Fandiño, Kenny.

ÁRBITRO : Rubén Maña , CRONO : Melanie Mendoza.

GOLES: 0-1 min 1 Nuriña, 1-1 min 3 Raquel, 2-1 min 8 Bárbara, 3-1 min 11 Estela, ( descanso ), 3-2 min 25 Paula Fandiño, 4-2 min 26 Raquel.

Partido disputado na tarde do sábado no P. do Restollal en Santiago de Compostela correspondente a 14 ª xornada de liga na Preferente-Galicia.

Nun partido moi igualado e tolo, cunha metade para cada equipo, xuntouse todo para que o Fisober non puntuara, os paus, os goles das ex , a falla de puntería, os erros…..

Pois non podía comezar mellor o partido para o Fisober xa que nunha contra Nuriña quedaba no man a man ante a porteira local e conseguía anotar o cero a un con suspense.

Pero o gol foi un espellismo xa que non se conectou moi ben o equipo costeiro na primeira metade e as locais foron mellores e aproveitaron mellor os erros visitantes.

Xa no seguinte minuto tiña que aparecer Lía no man a man ante Estela.

E aos tres minutos arrancaba a maldición das ex cun gol de Raquel que igualaba o partido. Nese mesmo minuto a local Marta Sambade tiña a opción de adiantar as locais.

Chegaron uns minutos de tranquilidade sen apenas ocasións.

Ata que aos oito minutos Bárbara outra ex anotaba o dous a un para as locais, que as adiantaba no marcador.

Puido reducir distancia Carre despois dun saque de esquina pero o seu lanzamento foise ao pau.

Pero pouco despois quen non erraba en xogada ensaiada era Estela para facer o tres a un para o conxunto local.

Noutra xogada aislada das costeiras, Adriana revolvíase de maneira extraordinaria pero o seu lanzamento non atopaba o ansiado gol.

Nos últimos minutos aínda tiña que volver aparecer Lía ante Bárbara e outra vez no último minuto para chegar o tempo de lecer co tres a un para as santiaguesas.

Na segunda metade comezou con outros folgos o Fisober e acumulando oportunidades que non foi quen de finalizar.

Aos dous minutos era Nuriña a que tiña a primeira oportunidade e pouco despois foi Barca. Quen si acertou foi Paula Fandiño aos cinco minutos para reducir diferencias.

Pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que un minuto despois era de novo a ex Raquel a que volvía a poñer dous goles de marxe.

Duro golpe para as aspiracións das costeiras que tardaron un pouco en asimilalo. Mediada a segunda metade voltaron as oportunidades. No minuto dez ata por dúas veces consecutivas se atopou Carre co longueiro, o seu terceiro pau da tarde pero a sorte non acompañaba.

Despois chegarían ocasións para Barca , Carre e novamente Barca en dúas ocasións pero a falta de pegada estaba a lastrar ao Fisober, que sen facer un bo xogo si estaba a ter oportunidades.

As locais saían en perigosas contras e de novo Estela a piques estivo de marcar.

Nos últimos minutos aínda chegaron as últimas para as costeiras, un novo pau desta vez de Kenny, unha ocasión de María Dumbría e outra nova de Kenny pero o resultado xa non se moveu.

A competición non se reanuda ata o 13 de xaneiro na que o Salceda visitará o Conco en Dumbría.

A Familia do Fisober desexavos a tod@s moi Felices Festas de Nadal e unha mellor entrada de ano.

Alineación:

Suplentes:

f t g