Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Mai 4'    
Paula 37'    

Additional information

Arbitros
Iván Vidal
Crono
Daniel Blanco

FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Noe, Barca ; tamén xogaron : Kenny, Mai, Carre, Adriana, María Dumbría.

SALCEDA : Ana Rodríguez, Carmen, Sara, Eli, Ana ; tamén xogaron : Bárbara, Dolo, Marta, Vane, Carol.

ÁRBITRO : Iván Vidal CRONO: Daniel Blanco.

GOLES: 1-0 min 4 Mai, 1-1 min 17 Bárbara, ( descanso ) , 1-2 min 23 Marta, 2-2 min 37 Paula Fandiño.

Partido correspondente a 15 ª xornada de Liga na Preferente Galicia- Liga Autonómica na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría co que se poñía fin a primeira volta na categoría.

O Fisober volveu atoparse ca falla de puntería o que lle privou de levarse os tres puntos nun partido moi disputado no que a sorte lle foi esquiva novamente.

Arrancaba o partido con dous equipos que non querían arriscar en exceso e pensando máis na defensa que no ataque.

Aos tres minutos tiña a primeiro ocasión Barca para as locais pero non foi quen de acertar. Quen si acertou foi Mai un minuto despois aproveitando un rápido saque de banda de Ana para definir con maestría e poñer as costeiras por diante.

As visitantes tiñan poucas ocasión pero moi claras e mediada a primeira metade tiña que aparecer Lía para nun man a man evitar a igualada.

Respostaban as locais cun lanzamento de Paula Fandiño ao longueiro e o rexeite non era quen de introducilo Barca. Pouco despois a mesma Barca dispuña dunha boa ocasión.

As oportunidades para as locais seguían aparecendo e Kenny tampouco era quen de acertar no man a man.

As visitantes seguían a ter as súas ocasión enviando un lanzamento ao pau. Quen non perdonou foi Bárbara marcando a tres para o tempo de lecer aproveitando un erro local.

Antes de ir aos vestiarios primeiro María Dumbría a que lle sacaban o gol baixo paus e logo Noe tiñan as últimas ocasións costeiras.

A volta do tempo de lecer aos tres minutos Marta poñía en vantaxe as visitantes, o que foi un duro golpe para un Fisober que remara e remara na primeira metade.

Foron uns minutos perigosos para as locais que se desconcentraron e viron como Dolo dispuña de dúas moi boas ocasións para rachar o partido.

Mediada esta segunda metade recompuxéronse as costeiras e voltaron a entonarse e voltaron as ocasións.

Primeiro María Dumbría e logo Paula Fandiño acariñaban o empate pero non chegaba. Pero non debían despistarse as do Fisober xa que a visitante Bárbara mandaba un balón ao pau ao que respostaba unha nova ocasión de Mai.

Nos últimos minutos tocaron arrebato as costeiras na busca dalgún punto que tanto merecían, gozando de dúas moi boas ocasións Barca pero parece que o gol segue pelexado con ela.

Quen si anotou por fin foi Paula Fandiño a pouco máis de dous minutos do fin cun lanzamento lonxano.

Pretendían máis as locais e de novo Barca tiña unha boa ocasión que non aproveitaba para adiantar as súas.

Aínda no últimos segundos puideron levarse os tres puntos as costeiras primeiro cun cabezazo de Ana a trece segundos do fin e logo nunha contra que se quedou sen tempo para tirar.

A vindeira semana comenza a segunda volta coa visita do Bembrive a Dumbría.

Alineación:

Suplentes:

f t g