Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Adriana 10'    
Noe 17'    
Ana 32'    

Additional information

Arbitros
Jose Luis Villarino
Crono
Xurxo Ameneiro

FISOBER : Lía, Adriana, Paula Fandiño, María Dumbría, Ana ; tamén xogaron: Mai, Carre, Laura, Noe.

BEMBRIVE : Ana, Laura , María, Antía, Paula ; tamén xogaron : Ana María, Carla, Sara , Eva, Elba, Antía Ribeiro.

ÁRBITRO : Jose Luis Villarino, CRONO : Xurxo Ameneiro.

GOLES : 0-1 min 3 Laura, 0-2 min 6 Paula, 1-2 min 10 Adriana, 2-2 min 17 Noe ; ( descanso ) , 2-3 min 31 Ana María , 3-3 min 32 Ana, 3-4 min 33 Paula, 3-5 min 34 Eva.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. Cee correspondente a 16ª xornada de liga, primeira da segunda volta na Preferente Galicia – Liga Autonómica.

O partido foi moi igualado que finalmente se foi para terras viguesas. A primeira ocasión foi para as visitantes nun lanzamento no que o rexeite de María Dumbría case se introduce na porta local.

Aos tres minutos despois dunha xogada ensaiada de saque de esquina Laura adiantaba as visitantes. O Fisober respostaba cun roubo de Noe que creaba moito perigo no seu lanzamento. Posteriormente outro roubo de Ana era curtado cun forte agarrón cando se prantaba sola ante a porteira visitante.

Aos seis minutos unha longa combinación de ataque das visitantes remata co segundo gol olívico de Paula ao segundo pau.

De novo a resposta era por parte de Noe cun gran disparo o cal desvíaba a porteira visitante. Os dez minutos despois dun saque de esquina chegaba o ansiado gol local. Saca Ana para Noe e o seu lanzamento peta en Adriana e nunha xogadora visitante para poñer o un a dous no electrónico.

Intentaban as locais a igualada e Paula Fandiño con dous lanzamentos lonxanos a piques estivo de acadalo.

As visitantes non se amedentraban e despois dun saque de esquina facían intervir a Lía. E tamén de saque de esquina creaba perigo Noe cun lanzamento pegado ao pau.

Tanto o estaba a intentar Noe que despois dun roubo, acadou o seu gol para igualar o partido antes do tempo de lecer. Co dous a dous fóronse ambos equipos a vestiarios.

A segunda metade seguía co mesmo guión. Pasados uns minutos as visitantes tiñan unhas boas ocasións detidas por boas actuacións de Lía.

Mediada esta segunda metade chegaron os minutos tolos e decisivos do partido. Primeiro Ana María facía o dous a tres para as visitantes.

Pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que un balón colgado de Paula Fandiño e peiteado por Ana provocaba o tres a tres.

E aínda estaban celebrando o gol as costeiras cando unha falta no borde do área con xogada de estratexia visitante era rematada por Paula no segundo pau para voltear de novo o electrónico.

E tan solo un minuto despois de novo un saque de esquina propiciaba o quinto e definitivo gol visitante de Eva.

Non se redían as locais e Paula Fandiño tiña unha ocasión para reducir distancias. Tamén a tivo Noe pero non chegou a bo porto o seu lanzamento. Incluso Carre pero o seu lanzamento era sacado pola porteira da mesma escadra. E volvía a tela Noe aparecendo de novo a porteira.

O asedio final non tivo froito e o partido foise para terras olívicas.

A vindeira semana o Fisober visita ao Viaxes Amarelle B.

Alineación:

Suplentes:

f t g