Copyright 2019 - Fisober FSF

27-01-2019 11:30
P. da Sagrada Familia

Player statistic

    18' Ana
    36' Ana

Additional information

Arbitros
Roberto Martínez
Crono
Lucía Manso

AMARELLE B : Aída Yáñez, Laura, Sofía, Marta Hermo, Nerea ; tamén xogaron : Mónica, Carla, Zaida, María,Nuria. 

FISOBER : Lía, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Kenny ; tamén xogaron : Mai, Carre, Nuriña, Laura. 

ÁRBITRO : Roberto Martínez ; CRONO : Lucía Manso. 

GOLES : 0-1 min 18 Ana, ( descanso ) , 0-2 min 36 Ana. 

Partido disputado na mañán do domingo no P.M. Sagrada Familia de A Coruña correspondente a 17 ª xornada de liga na Preferente Galicia- Liga Autonómica. 

Por fin chegou a primeira vitoria do Fisober neste 2019 nun partido moi disputado e no que un dobrete de Ana trouxo os puntos cara a Costa neste derbi provincial. 

O guión dende o inicio foi moi claro as herculinas co balón e un Fisober ben colocado no seu campo na busqueda do roubo e a contra. E así se decidiu o partido. 

Con ese guión ían pasando os minutos sen ocasións moi claras para ningún dos dous equipos. Quizais a mellor ocasión foi visitante cun man a man de Kenny que non foi quen de acertar ante a porteira local. 

E cando parecía que se ía chegar co resultado gafas a o tempo de lecer un roubo e unha contra finiquitada pola capitana visitante Ana poñía en vantaxe as costeiras e daba un pulo ao seu traballo para a segunda metade. 

A volta de vestiarios quizais se intensificou o dominio local e nesta segunda metade chegaron con máis claridade , crecendo o traballo defensivo costeiro e a súa porteira. 

Sobre todo cando as herculinas decidiron sacar o xogo de cinco. Co xogo de cinco chegaban boas ocasións por ambos conxuntos. A visitante Adriana estivo a piques de dar máis vantaxe as costeiras pero non foi quen de acertar. 

Quen si voltou acertar foi de novo a capitana costeira Ana que firmaba o seu dobrete despois dun roubo e cun lanzamento lonxano poñendo máis terra de por medio. 

E a piques estivo de logar un terceiro para o seu hattrick particular pero o seu lanzamento foise fora por pouco. 

Co cero a dous chegouse ao fin do partido , resultado co cal as costeiras devolvían o da primeira volta, logrando un importante triunfo. 

A vindeira semana chega a Dumbría o Cidade de Pontevedra.

Alineación:

Suplentes:

f t g