Copyright 2019 - Fisober FSF

Player statistic

Adriana 17'    
Noe 39'    

Additional information

Arbitros
Francisco Pena
Crono
Brais Couto

FISOBER : Lía, Ana, Adriana, Paula Fandiño , Laura ; tamén xogaron : Nuriña, Mai, María Dumbría, Kenny, Carre.

CIDADE : Diana, Leti ,Marga, Paula, Sandra ; tamén xogaron : Heba, Laura, Allyson, Mar, Rodri.

ÁRBITRO : Francisco Pena, CRONO : Brais Couto.

GOLES : 1-0 min 17 Adriana, 1-1 min 19 Sandra, 1-2 min 19 Leti ; ( descanso ) 1-3 min 38 Leti, 2-3 min 39 Noe.

Partido correspondente a 18ª xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na noite do venres nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Partido raro o disputado o venres no que a actuación de Lía mantivo con opcións ata o último segundo para as costeiras e un último minuto de cada tempo foi decisivo.

A noite era fría e así comezou o partido con dous equipos sen moito ritmo de inicio. Así foron pasando os primeiros minutos.

Aos catro minutos apareceu a primeira opción visitante por mediación de Leti. Tan solo un minuto despois era Sandra a que tiña outra nova opción para as pontevedresas pero non foi quen de superar a Lía.

A primeira ocasión local chegaba por medio de Adriana que non era quen de materializar

Mediada esta primeira metade aparecía por dúas ocasións a visitante Leti pero Lía con sendas intervencións salvaba ao seu conxunto.

Pasaban os minutos pero o electrónico non se movía.

A catro para o fin a capitana local Ana tiña a súa opción para adiantar as súas. A resposta foi da capitana visitante Heba pero Lía seguía a ser insuperable.

Ata que por fin se rompeu o marcador cando nunha gran combinación local a pouco máis de tres para o fin Adriana remataba e o balón pegaba ao fin en Heba para adiantar as costeiras co un a cero.

E pouco despois a mesma Adriana a piques estivo de aumentar diferencias. Respostou de novo a visitante Leti.

E cando parecía que se ía chegar con triunfo local ao tempo de lecer todo trocou. Primeiro a cincuenta segundos do fin cun gol de Sandra. E logo a dezaioto cun golazo de Leti para darlle a volta ao electrónico e levar as da cidade do Lérez en ventaxe aos vestiarios. Un duro golpe para as costeiras.

A volta de vestiarios iniciouse con dous perigosos cabezazos da local Ana que non chegaron a bo porto.

Os minutos pasaban pero non sucedía nada que cambiara o guión. Aos cinco minutos a xogadora do Cidade , Sandra tiña unha boa ocasión.

Mediada a segunda metade , primeiro Laura e despois Marga atopábanse con Lía.

A resposta local foi por medio de Kenny pero non acadou o gol da igualada.

De novo a visitante Leti e despois Heba vían como Lía frustraba as súas opcións e mantiña con vida as súas.

Cando as costeiras tiñan preparada a Adriana para o xogo de cinco, unha contra visitante era finalizada por Leti co un a tres a minuto e corenta segundos para o fin.

Parecía que o partido estaba dictado para sentenza pero nada máis lonxe da realidade.

As locais sacaron o xogo de cinco e a xusto un minuto do fin Noe aproveitaba un rexeite da porteira para facer o dous a tres.

E tan solo uns segundos despois un novo roubo local remataba cun lanzamento de Noe ao pau cando a grada xa cantaba o gol do empate. Intentouno o Fisober nos últimos segundos pero non foi quen da igualada.

A vindeira semana non haberá liga na competición. Volvendo en quince días coa visita a terras de Celanova.

Alineación:

Suplentes:

f t g