Copyright 2019 - Fisober FSF

16-02-2019 18:00
PM Pedra Moa

Player statistic

    23' Paula
    30' Noe

CELANOVA : Marta, Vane, Paloma, Mónica, María ; tamén xogaron : Nerea, Lucía, Bibi, Belén, Noelia, Lucía Martínez.

FISOBER : Adriana, Ana, Paula Fandiño, Nuriña, María Dumbría ; tamén xogaron : Mai, Carre, Noe.

GOLES : 1-0 min 9 Bibi, 2-0 min 12 Mónica, 2-1 min 23 Paula Fandiño, 3-1 min 26 Vane, 4-1 min 27 Vane, 4-2 min 30 Noe, 5-2 min36 María.

Partido correspondente a 19 ª xornada de liga na Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P.M. Pedra Moa de Celanova.

Saiu moi intenso o equipo local e nos primeiros minutos xa tivo que intervir en varias ocasións Adriana que desta vez tivo que participar coma porteira. Un equipo local moi intenso facía sufrir as costeiras.

A primeira gran ocasión das costeiras foi un envío longo de Paula Fandiño para Mai pero a porteira evitaba o seu gol ata en dúas ocasións.

Empezaba a desperezarse o Fisober e despois dun saque de esquina Noe envíaba ao pau.

Mediada esta primeira metade unha contra local era rematada por Bibi para o un a cero.

O partido tornouse de ida e volta e Nuriña tiña unha boa ocasión a pase de Carre. Aínda que as mellores ocasións corrían para as locais que se atopaban cunha Adriana moi inspirada na portería. Ata que Mónica facía o segundo local.

Co ese gol o Fisober cambia o partido e aposta polo xogo de cinco adiantando a Adriana. O partido trocaba o seu guión con esta decisión e de novo Mai tiña unha boa ocasión para as costeiras. Chegaban novas ocasións desta vez para Noe por partida dobre pero o ansiado gol non chegaba.

O Celanova tiña algunha a contra pero o Fisober seguía apretando co xogo de cinco. Nuriña tiña a última ocasión da primeira metade.

A segunda metade inicia coma a primeira cun Celanova apretando moito, aínda que ao pouco da reanudación Paula Fandiño recurta distancias de penalti.

O Fisober volvía a mellorar e Ana acariñaba o empate nas súas botas. Rompíase o partido e voltaba o dominio do Celanova que vía como dous goles case seguidos de Vane poñían moi costa arriba o encontro para as costeiras.

Aínda con tempo para o fin Noe anotaba o catro a dous e con el as costeiras voltaban o xogo de cinco. E voltaba a ter Mai unha gran ocasión. Nuriña por partida dobre tamén estivo a piques de logralo.

Pero unha contra local mataba definitivamente o partido co quinto.

A vindeira semana toca visita ao filial do Fervenza.

Alineación:

Suplentes:

f t g